7.8 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

«O BNG non quere a autovía da Costa da Morte»

O Partido Popular respostou as acusacións do BNG cunha comparecencia conxunta dos deputados Alejandro Gómez e Aurelio Núñez Centeno na que acusaron os nacionalistas de non querer que a autovía avance.

Se Ana Pontón comparecía en Vimianzo, acompañada polos alcaldes de Carnota, Zas, Vimianzo e un concelleiro de Carballo, o Partido Popular organizaba unha rolda de prensa na capital de Bergantiños na que interviñan o voceiro de infraestruturas e deputado, Alejandro Gómez e o parlamentario Aurelio Núñez Centeno.Se o Bloque falaba de suposta prevaricación e anunciaba que enviaría a información a Fiscalía, o Partido Popular respostaba tamén con contundencia.

“Está claro que o Bloque Nacionalista Galego quere boicotear a adxudicación desta autovía. Non queren a autovía da Costa da Morte” manifestou o voceiro de infraestruturas do PP, Alejandro Gómez Alonso.

Gómez Alonso criticou as “técnicas cicateiras e as ameazas” do Bloque pero reiterou os compromisos da Xunta de afrontar durante esta lexislatura o treito Carballo-Baio: “Non imos paralizar a obra porque é un compromiso que temos coa Costa da Morte e coa bisbarra de Bergantiños”.

“Temos a conciencia tranquila e sabemos que isto se vai a executar conforme  a lexislación vixente” apuntou Gómez aclarando que no Partido Popular “non temos medo as denuncias do Bloque ante a Fiscalía”.

Nesta rolda de prensa tamén interviúu o deputado autonómico Aurelio Núñez Centeno que reprochou as “declaración cheas de falsedades” da oposición e insistiu en que a decisión tomada pola Xunta “é a única poisibilidade real de continuar coa autovía”.Núñez Centeno pensa que a reacción da oposición se debe “as escasas perspectivas electorais do futuro”. Asemade anunciou que o PP presentará unha moción tanto na Deputación provincial coma nos concellos pedindo a Consellería de Infraestruturas que se comprometa a rematar durante esta lexislatura o treito Carballo-Baio.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos