17.5 C
Santa Comba
lunes, marzo 27, 2023

«Non imos ser chave de ninguén na investidura»

O secretario xeral de Converxencia Galega en Vimianzo, Javier Miñones, lamenta a mala imaxe que están dando os actuais grupos da corporación e advirte que se son elixidos votarán por eles mesmos na investidura.

Javier Miñones Trillo é o secretario xeral de Converxencia Galega en Vimianzo. Unha forza que irrumpe no medio dunha loita política fraticida entre goberno e oposición.O líder en Galicia de CG, Xan García Pouso foi durante varios anos concelleiro en Vimianzo e vaticina tanto a Miñones como ao partido “un protagonismo importante” no concello.

“Non están mirando polos veciños de Vimianzo”

Un dos compromisos claves de Miñones é fuxir dos personalismos e das confrontacións. “Hai que mirar polos veciños e non polos intereses particulares, porque aquí parece que se tratan temas personais tanto do goberno como da oposición” sinala.“Dame a sensación de que non están mirando por Vimianzo. Un bando está mirando por non perde-lo seu posto no goberno e a oposición está intentando sacarlle (ese posto) a calquera prezo” opina Miñones Trillo.

Sobre os enfrontamentos, está convencido de que “se está dando unha mala imaxe de Vimianzo” e que ademáis hai bastante descontento social porque “pasaron catro anos e Vimianzo non vai para adiante”. Lamentou ademáis o “espectáculo que se está vendo” nos plenos e nos medios de comunicación.

“Non temos pactos previstos, queremos falar con todos”

Javier Miñones lanza un aviso para navegantes e sae ao paso dos comentarios que sitúan a CG como unha posible chave política. “Nós non temos pactos previstos, queremos falar con todo o mundo” y deja claro, con ironía, que “as únicas chaves que temos son as das casas e as dos nosos coches”.

Asegura que se Converxencia Galega obtén representación non vai a apoiar a ninguén na sesión de investidura:“Nós imos a votar por nós. Queremos a alcaldía. Non queremos ser segundóns de ninguén. Esa é a primeira opción”.Miñones Trillo anuncia que “O día da investidura, Converxencia Galega tense que votar por si mesma e logo falaremos.Nós ese día non vamos ser chave de ninguén”. Con todo isto afirma que “non queremos ser prepotentes” e se despois hai que pactar “xa se falará”.

“Alejandro Rodríguez abusou de farolas e cemento”

O secretario xeral de Converxencia Galega que se definiu “de esquerdas” tamén se referiu o exalcalde Alejandro Rodríguez:“Como di moita xente o mellor alcalde que tivo Cee foi Alejandro Rodríguez”.

“Alejandro abusou de farolas e de cemento e non se encargou de deixar a Vimianzo onde había que deixalo” engadiu Miñones.

Escoita a entrevista con Javier Miñones. Desde o minuto 20 de emisión

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos