16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

«Non se contou conmigo pero a miña etapa terminou»

O voceiro do PP de Camariñas foi sustituido recentemente e recoñece que non se contou con él “absolutamente para nada”. Daniel Rego non quere polémicas aínda que mantén que as súas controvertidas manifestacións de fai meses “foron a verdade”.

“Non se contou conmigo pero a miña etapa terminou”

O actual portavoz do Partido Popular en Camariñas, Daniel Rego recoñeceu hoxe no programa Na Encrucillada que a nova dirección do partido non contou con el a hora de confeccionar a nova xunta xestora da formación nin que tampouco hai unha coordinación entre o grupo municipal e o novo equipo que dirixe o candidato Mauricio Aufiero, aínda que destacou que o fundamental é centrarse en buscar unha alternativa “grave desfeita” que está causando o PSOE en Camariñas. “Conmigo non se contou absolutamente para nada pero a miña etapa terminou”.

Daniel Rego anunciou que seguirá liderando o grupo municipal ata o fin da lexislatura,e non quixo entrar en polémica, desexando moita sorte os dirixentes que o sustituen no partido desde que asumira as rendas dos populares en 2002. Lembrou que el xa anunciara a súa decisión de non volver a presentarse.

Rego reflexiona:”As palabras están para cumprirse”

Iso si, Rego González insistiu en que as cousas non se fixeron ben desde o Partido Popular nivel provincial, e mantivo as súas críticas a polémica que se viviu meses atrás cando o edil camariñán reclamou o posto de deputado provincial, froito dun pacto que tiña coa alcaldesa de Cee, Zaira Rodríguez de repartirse o mandato entre os dous e que finalmente non se cumpriu.

“Houbo un procedemento e un acordo que non se levou a cabo pero hai seguir de frente” dixo Rego. Neste sentido, o concelleiro camariñán afirmou que só se limitou a dicir a “verdade” porque “houbo actuacións que non se fixeron ben e as palabras teñen que cumprirse” e expresou o seu desexo de que “estes actos non se volvan a repetir”.

“Temos a un auténtico irresponsable de alcalde”

O ainda portavoz municipal do PP camariñán  ratificou que “está a disposición do PP” e tamén da nova xunta xestora e dos veciños do municipio e pediu aos seus sustitutos moito traballo para desbancar a un goberno socialista que leva máis de trinta anos no goberno cun alcalde irresponsable e con varias imputacións a frente do executivo:”Temos  a un auténtico irresponsable de alcalde”.

“Deséxolles moitos acertos para o ben dos veciños, non para personalismos de ninguén” comentou Daniel Rego en relación a o novo equipo da xunta xestora.Pensa que hai que superar este goberno socialista de abandono de Aldea Madeira e o Museo do Alemán, de adxudicacións a dedo, imputacións e dubidosa contratación de persoal.

ESCOITA A ENTREVISTA CON DANIEL REGO-

DESDE O MINUTO 24

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos