A voceira do BNG de Coristanco, Laura Mariño, denuncia a perda de dúas subvencións por parte do concello. Para Laura Mariño esta é a “enésima mostra” dun goberno do PP que afronta o seu fin de ciclo.
O BNG pide a dimisión dos imputados
A concelleira Laura Mariño pide explicacións ao goberno local de Coristanco pola perda de dúas subvencións para o departamento de Servizos Sociais, que por importe de 7.000 euros, tivo que devolver o concello, xunto cos intereses correspondentes.As subvencións, do ano 2010, tiveron que ser devoltas recentemente ao non ser xustificadas a pesares de que, segundo lembran desde o BNG “temos unha concelleira con adicación exclusiva pero que non defende o seu traballo”.
Laura Mariño Taibo percibe que estamos ante “un fin de ciclo” despois dunha longa etapa na que o alcalde Antonio Pensado Plágaro “levou a Coristanco a apatía e a ruína económica”.
“Só se fala de Coristanco por corrupción, verquedoiros incontrolados e minas que se queren levar a cabo e acabar co noso territorio” manifestou Mariño que pensa que nesa lexislatura “demostrouse a verdadeira cara do PP”
“Hai un concello de Coristanco coa imaxen danada e o alcalde permanece impasible” denuncia Mariño que pensa que “a única vía para restituir esa imaxe sería a dimisión dos imputados”.
Escoita a entrevista con Laura Mariño
Desde o minuto 1:35:00