Fecom presentou a web Compra na Costa

A sede da Federación de empresarios da Costa da Morte, en Baio, acolleu a presentación dunha web orientada a que as empresas poidan anunciar os seus productos e ofertas aproveitando as novas tecnoloxías.

A Federación de empresarios da Costa da Morte(Fecom) presentou a web “Compra na Costa” que agrupa anuncios por palabras, cupóns de ofertas e un buscador de empresa da comarca.A iniciativa conta co apoio financiero da Xunta de Galicia e acaba de poñerse en funcionamento en www.compranacosta.com cunha campaña de publicidade nalgúns medios concretos.

O acto de presentación, no que estivo presente Adiante Galicia, o presidente da Fecom, José Gabín destacou “a necesidade dunha ferramenta coma esta “e incidiu en que a Costa da Morte ten capacidade para competir con calquera outra zona”. 

Tamén interviron o tenente de alcalde de Zas, Óscar Lema Romero que valorou a importancia de internet na sociedade actual, e o tesoureiro da Fecom, Fernando Couto.

Posteriormente, o xerente da empresa que realizou o proxecto, Manuel Pan Collazo explicou as características desta web. Os seus xestores tamén realizarán”auditorias de impacto” as empresas que o soliciten.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos