Un coche acaba sobre o tellado dun alpendre en Arteixo

Un vehículo acabou esta madrugada sobre o tellado do alpendre dunha vivenda en Arteixo, tras saír da vía na DP-0513, á altura do quilómetro 4. O aviso chegou ao 112 Galicia pasados uns minutos da medianoite, a través dun particular que alertou do sinistro.

Os dous ocupantes do coche xa se atopaban fóra do vehículo cando chegaron os servizos de emerxencia, aínda que ambos precisaron asistencia sanitaria no lugar.

Ata o punto do sinistro desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Carballo, o Servizo Municipal de Protección Civil de Arteixo, voluntarios de Protección Civil da Laracha e os servizos de mantemento da estrada.

Segundo informaron os servizos de emerxencia, o vehículo saíu da vía, atravesou unha zona de leiras e percorreu varios metros polo aire antes de caer sobre o tellado do alpendre da vivenda. Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia procederon a estabilizar o coche e prepararon a súa posterior retirada.

FOTO- TVG

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos