Na rede social X, o exsecretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pronunciouse sobre as denuncias internas presentadas contra a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.
Caballero afirmou que Rey, á que define como “impulsora entusiasta” de Valentín González Formoso e José Ramón Gómez Besteiro, forma parte do que cualifica como a “desfeita histórica” do socialismo galego.
Ademais, sinala que quen defende o feminismo “non pode apoiar o despedimento dunha traballadora embarazada nin atacar concelleiras do PSOE na Coruña”, segundo escribiu na súa publicación.
Tamén alude ao outro afectado polas denuncias, José Manuel Lage Tuñas, que no seu día comparou a Besteiro con Messi.



