Formoso reivindica feitos concretos no rural como chave do futuro de Galicia

O futuro do rural galego protagonizou esta mañá o III Foro de Activistas por un Futuro Rural, inaugurado na Coruña polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso. No evento, organizado polo Grupo Lence, Formoso reivindicou que “o apoio ao rural non pode basearse só en discursos, senón en feitos concretos”, apuntando que as políticas da Deputación apostan por transformar o territorio desde a base, con investimentos históricos e unha estratexia de servizos públicos que vai alén da teoría.

Formoso puxo como exemplo o Plan Único, que multiplicou por catro o seu orzamento na última década, investindo máis de 830 millóns de euros en mellorar infraestruturas e servizos en concellos pequenos. Ademais, destacou o impacto do Plan de Emprego Local, que facilitou a creación de 7.700 empregos e apoiou a miles de empresas, autónomos e proxectos emprendedores, maioritariamente en municipios rurais.

Feitos e non só palabras

O presidente revelou tamén a posta en marcha dunha área de Mar e Medio Rural dentro da Deputación, con liñas de axuda para modernizar o sector agrario e pesqueiro, protexer o monte e fomentar as razas autóctonas, sen esquecer os desafíos de fondo como o minifundio e a necesidade de garantir servizos esenciais — escolas, saúde, transporte ou atención a maiores — para que vivir no rural sexa realmente viable.

Rematando a súa intervención, Formoso incidiu en que o destino de Galicia “está estreitamente ligado ao seu rural” e fixo unha chamada á acción colectiva: “O noso obxectivo é construír o futuro do país da man da súa xente, apostando por feitos e non só palabras”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos