12.8 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

José Domínguez Buiturón, candidato do PP á alcaldía de Corcubión

A dirección do Partido Popular na provincia da Coruña anunciou o nome da persoa que encabezará a súa lista electoral no concello de Corcubión. Será o ex patrón maior corcubionés, José Domínguez Buiturón, xubilado actualmente e que exerce como asesor do actual patrón maior da confraría de pescadores.

“Levamos tempo traballando para incorporar a toda a xente que queira botar unha man, que sume ao novo proxecto e que nos acheguen as ides necesarias para poder conformar unha alternativa seria e solvente” declarou Domínguez.

Está convencido de que as próximas semanas resultarán “determinantes” para poder chegar a todos os recunchos do municipio.

Convencido de que o Concello de Corcubión e os seus veciños merécense máis e mellores oportunidades en todos os ámbitos, Domínguez subliñou que tomou a decisión de dar o paso á fronte coa o intención de formar un “grupo amplo de traballo” e co obxectivo de poder ofrecer unha alternativa que xere a “ilusión necesaria” para lograr o cambio que necesita o municipio.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos