13.6 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Fernández Rosende, Cecilia Vázquez e Gumersindo Galego presidirán o PP en Oleiros, Betanzos e Fene

A Comisión Organizadora dos Congresos que o Partido Popular celebrará nos municipios de Oleiros, Betanzos e Fene proclamou oficialmente a Jesús María Fernández Rosende, ‘Tuto’, Cecilia Vázquez Suárez e Gumersindo Galego Feal como únicos candidatos á presidencia da agrupación local que os populares teñen en cada un destes concellos.

Segundo informa o Partido Popular, os xa tres candidatos oficiais foron as únicas persoas capaces de reunir os avais necesarios para tomar as rendas das súas respectivas agrupacións. A partir de agora, en concreto, do 16 ao 25 de outubro arrinca a campaña interna en cada unha das estas formacións locais.

Os militantes populares están chamados ás urnas o próximo 28 de outubro – Fene-, un día máis tarde –Betanzos-, mentres que en Oleiros a cita será o 6 de novembro.

Foto- Candidata do partido e portavoz en Betanzos

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos