8.7 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Festa da Solidariedade nos premios Boas Prácticas Cidadáns

Seis coruñeses e coruñesas resultaron galardonados este xoves no VI Premio As Boas Prácticas Cidadáns da Asociación Proxecto Máscaras.

Rafael Lema, presidente do Colectivo Exoloxista PX de Ponte do Porto e delegado provincial da Real Liga Naval Española recibiu o galardón de mans de Xosé Manuel Barros que destacou a traxectoria do premiado.

Lema agradeceu que os premios tamén miren á provincia e a unha comarca tan activa como a Costa da Morte, e incidiu na idea de que «detrás de cada premiado hai moita xente, podemos pensar que o que facemos non é importante, representa a unha zona, un barrio, ten un recorrido pequeño e local, pero non estamos sós, entre todos os presentes sumamos e deixamos pegada cara unha sociedade mellor, unha Coruña mellor».

Recordou que a potencia da cidade coruñesa ven dada «por ter detrás unha provincia forte, das punteiras do país a nivel socioeconómico e cultural» e destacou a importancia no seu sector de «manter as nosas accións no tempo, crear redes de intercambio con outros grupos, estrar presentes nos foros para que se fale de ecoloxía e patrimonio, e comunicar».

Nas nominacións destacan a implicación coa infancia e xuventude, no ámbito cultural e social, na investigación e ecoloxismo e nos programas BoanoiTe e BoaTarde. A cultura, a ecoloxía, a solidariedade e a atención dos menores, dos desfavorecidos tiveron acollida nesta cita nun auditorio cheo.

Nesta sexta edición, os premios foron para: Sara Alvar Pariente, polo seu activismo social e implicación no programa BoanoiTe, do que é presidena, premiada por Fray Natalio Saludes. Mónica Fernández Lemos, polo seu activismo social e educativo no coa infancia e a xuventude, premiada por Lorena Nión Lois.

Manuel Olveira Paz, polo seu activismo cultural e social desde a súa labor institucional, premiado por Carlota Pérez Fernández. Rafael Lema Mouzo, pola súa intensa labor como escritor, investigador e ecoloxista, premiado por Xosé Manuel Barros, desde a Asociación Mar de Fábula.

Lorena Boga García, pola súa implicación e activismo polos dereitos humanos, premiada por Leticia Santaballa Santos. Todos os premiados estiveron presentes agás a última que enviou un comunicado agradecendo a mención.

No acto tamén se viron moitas caras coñecidas da cultura, a política, a milica, a relixión, e a vida social coruñesa, o que marca o amplo expectro abarcado nos premios.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos