9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Rafael Lema premio ás «Boas Prácticas Cidadás» da APM

Rafael Lema de Ponte do Porto é un dos cinco coruñeses galardonados na sexta do premio ás Boas Prácticas Cidadás da Asociación Proxecto Máscaras APM da capital herculina.

O acto de entrega terá lugar o xoves 22 de setembro ás 18:00 h. no salón de actos da ONCE na Coruña. A entidade premia cada ano a cinco persoas destacadas pola súa actividade social, que son os encargados de elexir aos nominados no próximo ano.

Na edición anterior un dos cinco escollidos foi Xosé Manuel Barros da asociación Mar de Fábula que propuso para o 2022 a Rafael Lema Mouzo, delegado provincial da Real Liga Naval Española e presidente do colectivo ecoloxista PX.

Iago González, presidente da APM, no comunicado aos premiados destaca que «o obxectivo destes recoñecementos é contribuír á visibilidade da interactuación cidadá e as experiencias positivas que permiten identificar o voluntariado como un concepto máis amigable e próximo, tanto a nivel persoal como profesional e institucional».

«Por iso, no ánimo de promover eses lazos de unión entre a cidadanía, o xurado de cada convocatoria está composto polas persoas que, a título persoal ou en representación dun proxecto, recibiron o recoñecemento na convocatoria anterior» indica o responsable de APM. A aceptación do recoñecemento implica o compromiso de elixir a unha persoa ou iniciativa o próximo ano.

«A entrega destes premios, que se realizaba inicialmente no marco do acto anual da asociación, gañou o seu espazo propio a través das voces e vivencias das persoas e entidades que entregan e reciben os premios» informa González.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos