10.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 10, 2024

O concello de Carral homenaxea os poetas

O Concello de Carral recorda os 25 anos do seu concurso de poesía colocando fotos dos galardonados en paneis e lonas polas rúas, na exposición A luz dos poetas.

Entre as imaxes figuran as de varios autores da Costa da Morte. Rafael Lema de Ponte do Porto foi o primeiro autor da comarca en obter este prestixioso premio asentado no circuito literario galego, e logo viñeron os galardóns de Rafa Villar, Miro Villar, Modesto Fraga, nestes 25 anos de certame. A idea do recoñecemento público aos creadores galegos foi moi ben acollida.

O concello de Carral homenaxea os poetas

Carral homenaxea os poetas

Carlos Lorenzo Pérez técnico municipal de Cultura leva adiante esta iniciativa e outras como as xornadas de debate de xuño «Os certames de poesía como motores dunha literatura propia», da que sairon dous documentos que emanan deste encontro de poetas, editores e organizadores de premios. Por unha banda, o estudo sobre os certames galegos de poesía e por outra o decálogo para organizar os concursos poéticos no segundo cuarto deste século.

«Coido que os dous documentos servirán de referencia para avanzar cara un mellor modelo de premios poéticos en Galicia que axuden a fortalecer a creación poética e aumentar o número de lectores» indica Lorenzo. En breve estarán dispoñibles na web aculturaeundereito.gal da Deputación da Coruña xunto cos vídeos da xornada

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos