8.7 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

Galicia en Común pide encher as urnas de votos rebeldes por un Goberno de esquerdas con Galicia no centro

Galicia En Común- Unidas Podemos está chamando durante esta campaña á mobilización. O candidato Antón Gómez Reino insistiu nun acto en Ferrol que «o voto a Galicia en Común este domingo vale triple: frear a dereita, facer un Goberno de esquerdas e lograr que Galicia este dentro e que a comarca de Ferrol este nese Goberno».

Na mesma sintonía expresouse Yolanda Díaz: «Hai que patear ate o domingo nunha mobilización histórica para encher as urnas de votos rebeldes por un Goberno de esquerdas con Galicia no centro que entenda as necesidades do noso país e desta comarca».

Díaz tamén incidiu na alternativa de Unidas Podemos:»Lonxe de estar derrotadas como nos querían na Moncloa, estamos vivas e ben vidas. A xente olfateou o que sae da Moncloa: Pedro non quere Goberno pola esquerda. Xirou a dereita económica. Non todo o PSOE: xirou Pedro Sánchez e nun alarde de soberbia, dixo que a vicepresidenta sería Nadia Calviño, unha das señoras de negro benquerida por Ana Patricia Botín e felicitada polos poderes económicos deste país».

Na mesma liña mobilizadora expresouse Luca Chao:”Temos que falar coas nosas amigas e familiares, cómpre demostrar que temos ganas e saímos a dedicir sobre cousas importantes, como a subida do salario mínimo».

Outra candidata, Loreto Taibo precisou:»Levamos varias convocatorias de eleccións en pouco tempo. Queren reforzar o bipartidismo e afogar a Unidas Podemos, mais non o van conseguir». 

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos