Insiste nos beneficios do Plan Único e na necesidade de seguir loitando contra o desemprego.
Valentín González Formoso foi reelexido presidente da Deputación da Coruña co apoio dos deputados do PSOE (11), BNG (4)Marea Atlántica(1) e da Alternativa dos Veciños(1). A candidata popular Rosa Gallego, recibiu o respaldo dos 14 deputados do seu partido.
No seu discurso de investidura, Formoso sinalou que «seguirán atopando en min a un presidente co seu despacho sempre aberto, con disposición permanente ao diálogo e o consenso, como sempre temos feito nesta Deputación, e sempre con bós resultados”.
Tamén se comprometeu a «seguir percorrendo as estradas e os camiños, escoitando aos alcaldes e alcaldesas e aos seus veciños» e supervisando os numerosos servizos e infraestruturas impulsados pola Deputación «que chegan ata o último recuncho do noso territorio e axudan a mellorar a vida das persoas».
Volveu a destacar a experiencia do Plan Único, como “un novo modelo de cooperación cos concellos que nos volveu a situar na vangarda estatal, abrindo un camiño que hoxe están a seguir outras deputacións de España”.
O presidente da Deputación avanzou a creación dunha Axenda Rural Provincial «como eixo planificador e vertebrador das numerosas accións que leva a cabo a Deputación neste eido» cos obxectivos de impulsar a mellora do nivel de vida, a creación de emprego e a fixación de poboación nos pequenos municipios coruñeses”.
Desemprego
Para Valentín González esta é unha das cuestión inaprazables e un obxectivo prioritario do seu goberno.Como o é o rempgo:»Quero dicirlles aos 53.400 coruñeses e coruñesas que siguen vivindo o drama do desemprego que van a seguir sendo a nosa principal principal preocupación e a nosa principal ocupación» manifestou.
O goberno contará cun vicepresidente, o carballés Xosé Regueira Varela(BNG). O socialista Bernardo Fernández Piñeiro será o portavoz.