8.7 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Ángel Alvariño pide a prolongación do paseo marítimo

Sería o comprendido entre a depuradora e a vía do tren, cuxa lonxitude pode chegar a ser duns 500 metros. 

O alcalde de Neda, Ángel Alvariño Saavedra, trasladou ao xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, a petición de  prolongación do paseo marítimo coa execución dun novo tramo. Sería o comprendido entre a depuradora e a vía do tren, cuxa lonxitude pode chegar a ser duns 500 metros. 

A actuación, segundo o alcalde, serviría para darlle “maior relevancia á fronte marítima do municipio”un espazo no que conviven desde actividades deportivas e profesionais, como a pesca, ata as relacionadas co paseo e o ocio”.

Alvariño tamén considera que Costas debería retomar o proxecto de conexión dos paseos marítimos que xa existen tanto en Neda como en Fene, á altura da zona do Ponto, “para así garantir a conservación dun novo tramo de costa e mesmo tamén para que se poida percorrer a pé a cara este do borde litoral da ría, algo que xa se pode facer desde Ferrol ata Neda a través da pasarela agora en proceso de reparación”.

Estas peticións realizáronse coincidindo coa visita que fixo Eimil, para inspeccionar as obras de mellora da pasarela peonil sobre a desembocadura do río Xuvia, e que marchan a bo ritmo. Tamén estivo presente a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro.

Os traballos contan cun orzamento de 196.000 euros, estarán rematados, previsiblemente no mes de marzo, e consisten na limpeza e reposición da estrutura de metal da ponte, a aplicación de tratamentos para conservar a madeira  e a reconstrución da cuberta de zinc.

Artículo anterior
Artículo siguiente

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos