8.5 C
Santa Comba
viernes, abril 19, 2024

Neda automatiza a ETAP e normaliza o pago de subvencións

O concello investiu 14.100 euros na automatización que permitirá optimizar o funcionamento da rede municipal.

Automatización para acadar máis sostibilidade e eficacia

O goberno de Neda segue a introducir melloras para optimizar o funcionamento da rede de abastecemento de auga e facela máis sostible. Nesta ocasión, o investimento ascende a un total de 14.100 euros (IVE incluído) e ten como destino a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP). O obxectivo é mellorar a automatización da planta, reducir o consumo eléctrico -agora custa uns 90.000 euros ao ano- e facer máis rendibles os recursos hídricos do municipio. 

Estes pasan principalmente pola captación de auga do denominado canal da Mariña -que chega á ETAP por bombeo- e pola achega dos mananciais de A Peteirella, que vai directamente á estación polo principio de gravidade. O acordo salíu adiante da última Xunta de Goberno e as actuacións previstas, que terán acabado antes de que finalice o ano, consistirán na instalación de dous equipos: un de medición en continuo das condicións da auga dos mananciais (turbidímetro) -que permitirá cambiar a captación en función das circunstancias-, e outro de medición de cloro libre, pH e temperatura que monitorizará a calidade da auga á saída do depósito de cabeceira. 

Con esta actuación garántese a excelencia da auga que se está a subministrar a través da rede municipal. A automatización completarase coa instalación dun sistema de telexestión do bombeo de captación e máis do bombeo ao depósito alto, o que conseguirá facer rendibles as horas de funcionamento así como os horarios de traballo ao activarse de maneira automática en función do nivel do depósito. Preténdese así que, na medida do posible, o maior consumo enerxético teña lugar nas horas do día nas que a enerxía estea máis barata. A Estación de Tratamento de Auga Potable dá servizo a un total de 2.225 abonados e pode chegar a tratar 50.000 metros cúbicos ao mes durante o verán e uns 30.000 no inverno. Viaqua é a empresa concesionaria. 

O concello normaliza o pago de subvencións

O goberno de Neda foi quen de poñer ao día o pago das axudas ás entidades sociais, deportivas e culturais coa aprobación dun gasto de 18.000 euros dentro do presente exercicio. O equipo de goberno normaliza así unha situación herdada do executivo anterior. O diñeiro repartirase entre un total de 16 entidades -catro veciñais, tres deportivas e nove entre sociais e culturais-. 

A contía das axudas vai en función das actividades, que agora terán que se xustificar antes do día 30 do presente mes de novembro. As previsións dos responsables municipais pasan por facelas efectivas antes de que finalice o ano. O equipo de goberno tampouco descarta modificar as ordenanzas municipais para que administración local pase a asumir, a partir do 2018, o gasto eléctrico das sedes sociais, menos nas que teñen cantina.

 O alcalde, Ángel Alvariño Saavedra, entende que a decisión adoptarase en función dos resultados económicos e sempre contando con que exista colaboración por parte das persoas que están á fronte das entidades para un consumo moderado. 

Fonte- Concello de Neda

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos