14.9 C
Santa Comba
lunes, marzo 27, 2023

O PP valora o impacto dos orzamentos en Ferrolterra e A Coruña

Valoración dos orzamentos da Xunta en Ferrolterra e na área metropolitada da Coruña.

38 millóns de euros para Ferrolterra

O secretario xeral do PpdeG,Miguel Tellado destacou os investimentos que se recollen nos orzamentos da Xunta para Ferrolterra.“O compromiso da Xunta de Galicia con Ferrolterra reflíctese en 38M€ nos orzamentos para o 2018” asegurou.

Tellado destacou “importantes investimentos” para as infraestruturas “como a VAP da Costa Norte(case 4 m de euros) e a variante AC-862 en As Pontes(500.000 euros), o saneamento en Cabanas, Pontedeume, Cedeira e Ortigueira, ademais dunha partida de máis de 953.000€ para a construción do centro de saúde de Narón(953.000 euros)”.

Outras actuacións recollidas neste documento son  para a rehabilitación da escola infantil de Pontedeume(605.000); a ampliación do CEIP de Cabanas(375.000)reformas no CEIP de Ortigueira(150.000), o centro de saúde de Ares(543.000 euros) ou a mellora da praza de abastos de Pontedeume(324.000 euros).

Ao concello de Ferrol destínanse 30 millóns de euros, dos cales 13 son investimentos de Política Social. Tamén hai partidas de  2,3M€ para o plan director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, 1,5M€ para o saneamento de A Malata e máis de 1,2M€ que o Instituto Galego de Vivienda e Solo adicará á reparación de vivendas e ao programa “Rexurde”.

“Este é compromiso da Xunta con Ferrol e a su comarca, reflictido en partidas concretas e reais, unhas contas adaptadas á situación económica actual que buscan mellorar a calidade de vida dos veciños de Ferrolterra”, afirmou o secretario xeral dos populares galegos, quen  insistiu en que isto é posible grazas á estabilidade institucional que lle permiten a Galicia presentar estos orzamentos que seguen a receita do éxito económico: menos impostos e menos débeda e máis gasto social e investimento.

Balance orzamentos A Coruña e área metropolitana 

O deputado autonómico,Gonzalo Trenor, opina que os orzamentos da Xunta para a cidade da Coruña e a área metropolitana son bos “a pesar de Xulio Ferreiro”. Nunha comparecencia na que estivo acompañado polos parlamentarios Martín Fernández Prado e Soraya Salorio valorou os 3 millóns de euros que a Consellería de Medio Ambiente que dirixe Beatriz Mato destinará para a conclusión da rexeneración da ría do Burgo.Tamén aludiu aos 300.000 euros de Intermodal e o apoio da Xunta ao centro de saúde de Santa Lucía ou as vivendas do Ofimático.

Desde o PP tamén aplauden os 15 millóns de euros previstos para o polígono industrial de Morás, en Arteixo, os 4 millóns de euros para o enlace da Vía Ártabra coa AP-9, os 2,1 millóns para a construción do CEIP de Culleredo, os 2,5 para o casco histórico de Betanzos ou as partidas destinadas ao programa de Vivendas Baleiras.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos