7.4 C
Santa Comba
jueves, noviembre 30, 2023

Neda crea unha comisión para a memoria histórica e amplía a captación de augas

Este venres o concello ofrece unha rolda de prensa para tratar sobre a falta de persoal no Xulgado de Paz.

O concello de Neda constituíu unha comisión para velar polo cumprimento da Lei de Memoria Histórica no concello.A iniciativa conta co apoio de tódolos grupos con representación na cámara municipal, PSOE, PP, Moveneda, BNG e Converxencia Galega, e contará coa participación das entidades veciñais.

A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Facenda e Terceira Idade, Ana Rosa Pena Barcia, explicou que aínda hoxe existen no municipio polo menos dúas rúas que non se axustan á Lei da Memoria histórica e un monumento, o situado na zona do Coto, no que só se lles rende homenaxe aos caídos do bando nacional. Con anterioridade o concello xa substituíra “nomes franquistas” das rúas, pero agora preténdese “aplicar ao máximo” a lei vixente.

Mellora da captación de auga

Por outra banda, desde o concello de Neda informaron que o alcalde Ángel Alvariño asinará un convenio coa Deputación coruñesa para ara incrementar en 500 metros cúbicos máis de auga o volume da subministración que chega á poboación local a través da rede municipal.

O proxecto que dará lugar a este novo acordo ten como obxectivo canalizar a captación de auga da Rabadeña e suporá unha inversión duns 30.000 euros, dos que a administración provincial poñerá 24.000 e o Concello a cantidade restante. 

Segundo informaron fontes municipais “trátase dunha acometida que non require maior inversión que a derivada da instalación de tubaxe para canalizar a auga que chegaría á EDAR polo principio de gravidade e que podería evitar, segundo os responsables municipais, o bombeo que agora se fai desde o río Belelle. O Concello estima que a obra podería estar executada nun prazo de catro meses e o inicio dos traballos só está á espera da autorización de Augas de Galicia”.

 

Rolda de prensa

O goberno de Neda convoca para este venres unha comparecencia de prensa na que esixirá unha solución á falla de persoal que, desde hai meses, está a afectar ao Xulgado de Paz da localidade. A cita será  á unha da tarde, diante do xulgado (avenida de Algeciras, 63). 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos