16.4 C
Santa Comba
sábado, abril 6, 2024

A Xunta aproba o agardado Plan Xeral de Sada

Beatriz Mato felicitou ao alcalde Benito Portela polo documento elaborado. Desde o tripartito de Sada consideran que se trata dunha “boa nova” a aprobación.

O concello de Sada xa conta cun documento moi importante para o presente e o futuro deste concello, o Plan Xeral de Ordenación Municipal que acaba de ser aprobado de forma definitiva. Unha ferramenta que susbtituirá ás normas subsidiarias de 1997.

A conselleira de Medio Ambiente,Beatriz Mato, asinaba este venres a orde de aprobación definitiva no transcurso dunha xuntanza co alcalde Benito Portela, e na que tamén estaban presentes a directora xeral de urbanismo, Encarnación Rivas e o concelleiro de urbanismo, Fran Montouto. Beatriz Mato felicitou a Benito Portela polo seu traballo.

Segundo Medio Ambiente:” O plan xeral considera unha poboación obxectivo para Sada próxima aos 20.000 habitantes, no seu horizonte temporal de catro cuadrienios, incrementada a 25.000 habitantes nos meses do verán. Así, o PXOM prevé unha capacidade residencial de 3.420 novas vivendas, parte delas no contorno urbano, sendo que ademais das 18 actuacións para a consolidación da trama, o PXOM prevé tres ámbitos de solo vacante urbanizable residencial, nos lugares das Brañas, Agra de Samoedo e Camiño da Braña”. A Xunta investiu uns 185.000 euros para a elaboración deste documento.

Desde o goberno local de Sada, formado por Sadamaioría, BNG e PSdeG, consideran esta aprobación “unha boa nova” que vai “dotar de seguridade xurídica a todas aquelas inversións e actuacións que se queran implementar ao abeiro do mesmo por parte dos veciños e veciñas de Sada” e  facilitará “ que o propio Concello poida acometer investimentos en equipamentos, dotacións e infraestruturas necesarias para atender as demandas da cidadanía”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos