Noticias de Betanzos, Sada, A Coruña, Neda e Narón. @cristobalmourin
Mellora do parque infantil do Pasatempo
A Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o alcalde de Betanzos, Ramón García, asinaron un convenio de colaboración que permitirá a instalación de xogos adaptados no parque infantil do Pasatempo. Axunta aporta o 85% dos 30.000 euros totais do proxecto.
José Manuel Blanco renuncia como alcalde de Narón
José Manuel Blanco presentou este martes o seu escrito de renuncia ao cargo de alcalde. Será substituído pola concelleira Marián Ferreiro que tomará posesión no pleno que se celebrará o vindeiro sábado 23 de setembro as 12 do mediodía.
Axudas en Neda para as vivendas do casco histórico
O concello de Neda volverá a participar no programa de Rexeneración e Renovación Urbanas, o que suporá uns 48.984 euros en axudas para a rehabilitación de vivendas situada na Área de Rehabilitación integral(ARI). A oficina técnica do concello encargarse do asesoramento e da xestión destas axudas.
Protesta polo ruído e a inseguridade no Orzán
A portavoz municipal do PP coruñés, Rosa Gallego, denunciou a desesperación dos veciños da zona do Orzán pola falta de control nalgúns locais de ocio nocturno.
Desde o PP critican a deixadez do goberno de Xulio Ferreiro e advirten que hai veciños que non poden durmir nos seus fogares como consecuencia do ruído e da inseguridade.
O BNG pide na ONU a devolución do Pazo de Meirás
A portavoz do BNG, Ana Pontón, pediará este mércores duante do Alto Comisionado de Dereitos Humanos da ONU a devolución do Pazo de Meirás e a ilegalización da Fundación Francisco Franco.