9.3 C
Santa Comba
jueves, abril 25, 2024

“A inacción de Ferrol pódese trasladar a Mugardos,Cedeira ou Fene”

Xuntanza de Diego Calvo con alcaldes de portavoces das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

O presidente provincial do Partido Popular, Diego Calvo, comparou a “eficacia e solvencia” de gobernos como o da Xunta de Galicia co “esperpento e o caos máis absoluto” que se vive na actualidade no concello de Ferrol.

Nun encontro nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, Calvo incidiu que “a inacción, a incapacidade e a falta de liderado que existe en Ferrol, pódense trasladar tamén a concellos como o de Mugardos, Cedeira ou Fene, nos que a suma de perdedores provocou a deriva máis absoluta na xestión destes concellos”.

 

Equipos que ilusionen á xente

Diego Calvo continuou co seu percorrido co obxectivo de deseñar unha folla de ruta de cara as eleccións municipais de 2019, nesta ocasión acompañado polo secretario de organización, Evaristo Ben  e o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro.

Os populares agardan ganar en tódolos municipios desta área pero queren que os comités locais se mobilicen con tempo para “ilusionar á xente” e ser capaces de presentarse como “única alternativa posible” para formar gobernos “serios, solventes e eficaces”.“Está nas nosas mans prepararnos ben para o reto que temos por diante no 2019. Non será sinxelo, pero temos que volver demostrar do que somos capaces no Partido Popular cando traballamos xuntos e cun mesmo obxectivo” manifestou Diego Calvo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos