12.5 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

O Festival do río Belelle celebra a súa décima edición

Susana Seivane actuará no popular festival que se celebra no concello de Neda.

festival-belelle

Este vindeiro sábado 26 de agosto celébrase a décima edición do Festival do Río Belelle que organiza a asociación cultural e etnográfica A Fervenza do Belelle, coa colaboración do concello de Neda e da Deputación provincial coruñesa.

Nun marco incomparable preto do río Belelle, o cartel festivo non desentoa coa paisaxe.Xa a mediodía actuarán “Os Campantes da Baña”, terá lugar a lectura do pregón e as tradicionais merendas.Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas, as actividades estarán centradas na celebración de xogos tradicionais, tanto infantís como de adultos. Estes últimos terán que competir nunha carreira de sacos en grupo, lanzamento de fardos de palla e tiro de corda.

As 9 da noite comenzará o Festival Folk coa atracción da gaiteira Susana Seivane que compartirá escenario cos grupos “Quenindiole”, “Andarivel”, “Retumbatuke”, “Liviao de Marrao” e “Sokram”. O evento ten un orzamento de 17.000 euros.

Ruta dos Muíños

Este xoves 24 de agosto o concello de Neda abría o prazo de inscrición para a Ruta dos Muíños do Belelle ata a Fervenza, que terá lugar o sábado 2 de setembroe está incluída nas actividades programadas para celebrar a XXIX Festa do Pan.

A inscrición pódese realizar na propia Casa da Cultura, a través do número 981 39 02 33 ou vía mail cultura@neda.es. Os datos necesarios son: Nome e apelidos, DNI e tl. de contacto. 

Esta fin de semana continúa en Neda a Ruta do Pincho, como adianto a XIX Festa do Pan de Neda que se celebrará o vindeiro domingo 3 de setembro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos