5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

O Cine Zárate de Mugardos declarado monumento pola Xunta

A Dirección Xeral de Patrimonio decidiu incluír o Cine Zárate de Mugardos no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia como ben inmoble, coa categoría de Monumento.

Testemuña da identidade mugardesa

Segundo explican desde o goberno galego:”Desde o punto de vista da relevancia cultura, o Cine Zárate representa unha testemuña da identidade mugardesa nun período de prosperidade económica e social asociada á industria conserveira e aos movementos migratorios. Así, o seu valor non reside exclusivamente na súa singularidade material, senón tamén na vinculación co contexto socio-económico da época, que posibilitou o desenvolvemento da cultura do lecer. Polo tanto, as particularidades técnicas do Cine Zárate deben valorarse xunto coa súa dimensión como elemento da identidade local e a súa repercusión na sociedade mugardesa e na súa cultura”.

 

Fundado en 1926 e pechado no 1969

O Cine Zárate (o nome fai alusión ao indiano Pedro Zárate) inaugurouse en maio de 1926 cunha sala cunha sala cinematográfica deseñada cun estilo eclético, polo arquitecto coruñés Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón.

Está situado,en estado ruinoso, a poucos metros da casa consistorial de Mugardos. A súa decadencia comezou a partir do seu peche no ano 1969.

No informe elaborado pola propia Consellería de Cultura indícase que “o edificio presenta un avanzado estado de deterioración a causa da falta de uso e da ausencia de conservación. Sen cuberta, soamente conserva en pé as fachadas, das cales presentan un interese especial a principal do cinema e a lateral suroeste, na cal se acaroa a estrutura porticada da cantina”.Agora, logo desta declaración, agárdanse medidas para a súa conservación.

Artículo anterior
Artículo siguiente

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos