14.2 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 29, 2023

Antón Noceda:“Ao rexistro non se levou ningunha moción de censura»

Antón Noceda, concelleiro do PSOE en Fene, aclara que a situación interna da agrupación local está dentro da normalidade e acusa ao alcalde Juventino Trigo do BNG de deslealdade, sectarismo e nepotismo.

Na conversa mantida, Antón Noceda desmentíu categóricamente o publicado nestes días no que se afirmaba que él xunto co voceiro do Partido Popular e o de Somos Fene levaran ao rexistro a moción de censura e que fora retirada por defecto de forma. “Ao rexistro non se levou nada” mantén o concelleiro socialista, “o que se levou foi unha consulta á secretaría acerca das posibilidades que existían sobre unha das propostas nas que estabamos a traballar”.

Foi alí onde se lles informou da chegada dun correo electrónico do partido instrumental polo que se presentara Somos Fene pedindo o paso deses concelleiros aos non adscritos “o cal tampouco impediría unha posible moción de censura máis adiante”. 

Sinala Antón Noceda que viron neste momento unha incerteza sobre a cuestión e unha situación de indefinición que afectaba a unha forza de esquerdas “e para nós era básico confluir con forzas de esquerdas”, inda por riba o encaixe da moción de censura era moi delicado “porque hai que respectar que a dirección do noso partido marca directrices e tiñamos límites evidentes”.

“Nós xa pagamos unha peaxe interna importantísima”

Engadíu o concelleiro socialista que xa o martes aqueles que no seu partido tiñan unha posición máis favorable á moción de censura decidiron que “nese proceso xa non podiamos estar”. “O PSOE non podía perder máis tempo” e o que tiña que facer agora era “concretar o noso traballo e centralo nunha oposición seria e rigurosa”.

O camiño vai ser longo e o traballo ten que pasar por   “incorporar a todos os compañeiros que están nunha posición e noutra, coser” porque houbo un debate tan intenso e diferenzas de opinión tan importantes na agrupación de Fene desde que se plantexou a posibilidade de intervir na moción de censura, que chegaron as dimisións do secretario xeral e do secretario de organización. Como subliñou Antón Noceda “nós xa pagamos unha peaxe interna importantísima por esta cuestión”.

Nestes momentos non hai dirección local, está asumida pola executiva provincial, que se resolverá nomeando unha xestora local ou ben facendo a convocatoria dunha asembleia para a elección dunha nova directiva local.

“Houbo unha deslealdade por parte de Juventino Trigo aos seus socios de goberno”

Transcorridos dez meses desde a ruptura do acordo de goberno co BNG e coa perspectiva que dá o paso do tempo, Antón Noceda fixo unha análise dos meses de mandato e da situación política actual en Fene. “Do que estamos convencidos é que o BNG tiña claro desde o principio que ía romper o acordo e só decidiron cal era o momento. E foi o 9 de agosto. A  disculpa daquel debate orzamentario para romper o goberno foi iso, unha disculpa”.

Reprochou tamén ao alcalde de Fene, Juventino Trigo a súa actitude intransixente e afirma con toda a rotundidade que “houbo unha deslealdade absoluta por parte de Juventino Trigo cara aos socios de goberno que lle permitimos acceder á alcaldía”. Acusa a Trigo de absoluto incumprimento do acordo de goberno, de notas moi acentuadas de sectarismo e de nepotismo na xestión” poñendo como exemplo o trato diferenciado que fai o BNG nas obras nos colexios “segundo si a dirección é afín ou non ideolóxicamente a él”.

Noceda manifestou que “a desvergoña que está a ter o goberno de Juventino Trigo non ten parangón en ningures” e rematou dicindo, “nós seguimos entendendo que é un goberno ilexítimo porque non ten o respaldo da maioría do pleno”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos