9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Benito Portela:“Isto non é presión dos meus socios de goberno.A presión faima a xente pola rúa»

Cando ven de acadar o acordo co BNG sobre o Plan xeral, falamos co alcalde de Sada sobre o PXOM, a praia, o hotel e outros asuntos de interés para os veciños.

Milagros Lara

P- Con honestidade alcalde, pesa moito chegar á alcaldía grazas aos votos  do PDSP, un partido que se di da dereita?

R- Non. Eu tiña unha obriga. Históricamente o partido máis votado da esquerda de Sada se postulaba á alcaldía aínda sabendo que non ía saír. Era a miña obriga presentarme. Despois supoño que cada grupo votaría en función do que pensan os seus votantes que debe de votar. E nós presentámonos á alcaldía porque así nolo demandaban os nosos votantes e supoño que os resto dos grupos que votaron a favor votaríano porque llo demandaban os seus votantes. 

P- Xa, pero o seu goberno ó estaren en minoría, para sacar adiante calquera cousa precisa dos votos do PDSP. Hai negociacións con eles no canto de facelo coa forza máis votada?

R- Hai as negociacións que hai con tódolos grupos da corporación. Eles poden facer as súas aportacións en todo momento. Coñecen os documentos. Agora por exemplo, ten o documento do PXOM. Se calquera grupo da corporación considera que ten unha aportación para mellorar o PXOM pois consultaremos coa Xunta e coa empresa redactora e veremos a posibilidade de facelo. Nós non temos nunca ningún documento pechado. 

Se miras as actas do pleno hai moitos acordos que non é só o voto do PDSP, hai moitos unánimes. Ben é certo que moitas veces hai partidos que, inda estando de acordo có que propós non che votan a favor porque é unha estratexia política sabendo que se pode aprobar, se non se poidera aprobar e houbera risco ao mellor cambiaban o seu voto. Con iso o digo todo. 

Eu non me sinto incómodo, sei que vai ser un arma arreboladiza que se vai utilizar dunha forma continua pero non me preocupa porque creo que a xente por moito que lles contes é consciente da situación e non lle tes que explicar o que vota cada un. Eu, desde logo, non me comprometo a saber o que vai votar ningún grupo da corporación e son totalmente libres de facelo.

P-Alcalde, ven de falar do plan xeral. Disque chegaron a acordos co BNG. Melloraron as relacións logo das tensións que tivo con eles por mor do PXOM?

R-As relacións co BNG non estaban deterioradas. Simplemente había unha pequena discrepancia na que chegamos a acordo. Conseguimos que estean de acordo en votar a favor do PXOM cos pequenos cambios que fixemos, porque non podiamos facer moito fóra da orde de aprobación da Xunta.

P-En qué consistiron eses pequenos cambios dos que vostede fala e que propiciaron o acordo co BNG?

R-Máis ca un só acordo, co BNG foron unhas explicacións que lles demos,  coma mellorar o réxime transitorio dos plans especiais de Veigue e Carnoedo que inicialmente non permitían facer nada mentres non se aprobaran eses plans especiais e agora durante un máximo de catro anos vaise poder proceder a facer novas edificaciones en zonas aledañas aos núcleos rurales históricos onde están marcadas as alienacións no novo documento. E restrinxir un pouco e limitar os usos para o solo industrial da cerámica do Castro para que se circunscriban básicamente á cerámica. E tamén a redución do sistema xeral do pazo de Meirás, non a eliminación, a redución do pagamento. Rebáixase a superficie e tamén a cantidade. 

P- E o túnel de Fontán?

R- Nós somos os principais opositores ao trazado do túnel de Fontán. O único que lle explicamos aos nosos socios de goberno é que iso é un plan sectorial da Xunta que está por riba do planeamento municipal e que estamos obligados a mantelo debuxado no trazado. Ben é certo que, como ese trazado está en suspensión, xa vai grafiado doutra forma desde Pazos ata a desembocadura dese vial en Castelo. Tamén puxemos en coñecemento dos nosos socios, nolo dixo directamente o subdirector do Patrimonio Cultural, que había un informe de Patrimonio que está incluido no Planeamento Xeral que claramente imposibilitaba a realización da obra, é dicir, só desde o punto de vista patrimonial é inexecutable. En canto a Xunta o excluia nós encantados. 

PResolto o escollo das discrepancias co BNG, agora ten vostede que acadar os votos ou ben do PDSP ou ben do PP, como vai facer?

R- Ben, cando teñamos os cambios feitos entregarase a nova versión actualizada aos grupos da oposición para que valoren a súa posición na comisión informativa e o día do pleno.

P-Non van negociar antes con eles? Non van facer ningún achegamento?

R-Non, porque os cambios son eses tres máis a orde de nova aprobación, no resto temos que cumprir coa Xunta. Podiamos arriscarnos a facer máis cambios para se cadra conseguir máis votos pero logo hai que pasar a aprobación definitiva.

P-Vostede é optimista en sacar adiante o PXOM? 

R-Sí, somos optimistas porque básicamente xa ten a aprobación provisional e os cambios que se fixeron, fóra da orde de aprobación, son pequenos e penso que teremos o apoio aínda que non o temos garantido, certamente. 

P- Ten data prevista para elévalo ao pleno?

R- Hoxe lles trasladamos ao equipo redactor todos os cambios feitos na negociación e esperemos que entre mañá e o luns nos entreguen o documento modificado e, cando teñamos os informes, convocaremos a comisión informativa. Calculo que, se vai todo ben en quince días irá ao pleno

P- Falaba onte vostede de informar sobre eses cambios, como pensan facelo? 

R-Porase no web evidentemente despois da comisión informativa, non antes, porque pode haber algún cambio. E tamén iremos explicar á xente os cambios da orde de aprobación, básicamente, nas zonas especialmente sensibles coma nas parroquias de Veigue e Carnoedo que a Xunta obrigounos a facer un recorte sustancial nos núcleos rurales.

P-Vostede comezou o seu mandato con este e outros asuntos clave para Sada na mesa, un deles é a Praia, en qué situación se atopa a súa rexeneración?

R- A Praia tivemos a mala noticia do desestimiento da licitación por parte do Ministerio e sí que é certo que houbo o compromiso de reinicialo canto antes pero de momento aínda non saíu a licitación nova. Esperemos que ao longo deste mes saia e se resolva canto antes porque un ano é moita perda para este pobo. Sinceramente eu non podo ententer como pode ser una excusa a do goberno en funcións para rematar un proceso de licitación. Os que levamos algún tempo coñecendo o funcionamento das administracións públicas sabemos que no proceso no que estaba non era necesario ter o goberno, coa mesa de contratación constituida era simplemente rematar o proceso. 

P-Outro asunto clave para Sada é o Hotel…

R-Eu teño que dicir que aumentou o interese polo hotel. Viñeron varios empresarios e percibes cando é una oferta seria porque che preguntan datos que ata agora non preguntaran como pode ser a concesión, o canon, os usos… que esa é outra parte do asunto: mentres que non se aprobe o plan xeral temos o uso restrinxido ao uso hosteleiro e daquela haberá que esgotar tódalas posibilidades polo uso hosteleiro namentres non haxa a modificación no planeamento 

P-O Plan xeral e máis a concesión existente, nonsí? 

R-Claro, non só o PXOM. O plan xeral é necesario para darlle una cobertura legal ao posible cambio de uso nunha hipotética contratación posterior. 

P- Levamos xa dous anos de mandato, cales son na súa opinión os logros máis importantes acadados neste tempo?

R-Si conseguimos aprobar o PXOM vai ser ese. Despois creo que o logro máis importante é a mellora que estamos facendo na rede de saneamento en varios lugares, é o investimento máis grande que fixemos. E despois pequenas cousas en diferentes ámbitos por exemplo, solucionamos o tema de Mosteirón que levaba dez anos enquistado, para o tema do mantemento.

Creo que agora se empezan a ver tódolos investimentos que estivemos a facer desde finais de decembro de 2015 que conlevarán unha mellora da accesibilidade no núcleo urbano onde había dificultades, temos unhas posibilidades moi boas para facer unha Sada moi accesible simplemente hai que eliminar todas as barreras arquitectónicas que inda temos. E hai que tentar de facelo tamén nos núcleos porque temos dificultades polo modelo de crecemento que tivemos en diferentes parroquias durante o boom do ladrillo que afectou dunha maneira notable a Sada e hai que mellorar as dotacións das parroquias. 

P-Cal é o obxectivo do goberno para os próximos dous anos?

R-Básicamente temos que conseguir que se faga esa obra da Praia. Para nós é fundamental. Temos que conseguir unha renaturalización dos núcleos rurales, que non quere dicir un axardinamento pero sí unha humanización onde a xente volva convivir e poñer a súa disposición as dotacións suficientes para que non teñan que desplazarse continuamente a facer todo a Sada. E tamén evidentemente hai que afrontar a gran obra e firmar o convenio coa Xunta para paliar o risco de inundacións. 

Outro obxectivo é desenvolver o Plan Especial das Brañas. Penso que é unha oportunidade de futuro por iso é necesario primeiro aprobar este PXOM e logo afrontar o plan de xestión para poñer en valor o humedal e ao mesmo tempo limitar o seu uso para evitar o dano que se lle poida facera pola súa mala xestión e se poida deteriorar. A consolidación do emprego e evidentemente a cultura, un vector económico. Temos que tentar ter unha oferta cultural de calidade.

Temos moito que traballar, non só desde o concello de Sada, na prestación de servizos sociais. Creo que si en algo non ten que haber unha delimitación clara de competencias é nesto, e haina e aínda por riba non se cumple. Xa digo, nos transfiren un tercio do que temos que gastar en servizos sociais cando a competencia é da Xunta. Nesto non deberiamos escatimar como así facemos, pero creo que hai que delimitalo para saber do que se fai cargo cada un para así saber que nos quede o menor número de xente fóra da prestación dos servizos básicos.

E sobre todo hai que apostar polo deporte e pola educación, cunha mellora paulatina das infraestructuras que temos. Temos dous colexios que demandan moito investimento porque un é do ano 72 e outro dos anos 60, e evidentemente temos que chegar á coordinación entre os diferentes centros. Para iso temos que convocar o consello escolar municipal, o outro día nolo demandaron no consello sectorial de educación e evidentemente temos que poñernos a traballar canto antes. 

P-Tanto pulo á educación é para satisfacer ao PSOE? Porque lóxicamente cada quen defenderá as súas áreas

R-Isto non é presión dos meus socios do goberno, é convencemento. O máis interesado en que funcionen ben as áreas é o propio alcalde, eles tamén,  pero o alcalde tamén. A presión faima a xente pola rúa. Os meus socios do goberno teñen unha opinión similar á miña porque tamén falan coa xente e palparán as súas necesidades. Somos coñecedores do que nos demanda á cidadanía que son desde cousas tan pequenas como a limpeza do pabellón de Mondego, por poñer un exemplo. 

P-Ven de falar do problema das inundacións, vostede vai un ano comprometeuse a facer as obras necesarias cos cartos do concello  se a Xunta non era quen de facelas

R- Non podemos facer a canalización do río que é competencia da Xunta pero podemos facer obras alternativas que palíen o problema. Pode ser actuar no outro lado do vial que agora temos levantado para a peatonalización da Travesía da Obra. Na carta que lle mandei ao sr. Feijoo o 11 de maio xa ofrecera ao concello de Sada para facer esa parte. Creo incluso que a nosa colaboración económica e técnica é posible pero creo que esa obra tena que licitar Augas de Galicia que é o organismo competente.

Creo que era mellor traballar xuntos desde un principio. Evidentemente nós para afrontar esa obra temos que ter un convenio previo, é o que di a Lei de Augas: que para afrontar obras de interés autonómico ten que haber un convenio previo entre as diferentes administracións e si non temos a reunión vamos ter serias dificultades para chegar a un acordo previo e poder afrontar a obra. 

P- Alcalde non quero marchar sin preguntarlle qué foi o que pasou cos bancos de Carnoedo?

R-Sinceramente, podería ser unha gran idea. A min o que non me gustou foi facer o desbroce sin permiso. Pero bueno, foi unha descoordinación. Un erro de traballo do día a día. Simplemente ás veces por querer facer as cousas ben se cometen erros. Faremos algo alí, temos que actuar alí pero en zonas moi sensibles medioambientalmente e patrimonialmente temos que ter moito coidado en actuar. Creo que é mellor sentarse con calma. E ao mellor non son os bancos a mellor solución. Pero sí poñelo en valor e difundir e mellorar o que alí temos e, eso sí, facer unha xestión moito máis controlada tanto do castro e como dos terreos dos propietarios. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos