Diego Calvo sobre o XIII Congreso do PP coruñés:”O partido hai que xogalo ata o minuto 90”.
“Recorremos o territorio moi a miúdo”
O presidente provincial do Partido Popular, Diego Calvo, destacou que no seu primeiro ano neste cargo “recorremos o territorio moi a miúdo, intercambiando opinións, escoitando os problemas que temos día a día e buscando solucións”.
Calvo considera fundamental “contar a xente o que estamos facendo” e tanto nos concellos onde se goberna como nos que se forma parte da oposición “hai que incidir na labor de trasladar o que estamos facendo nos 93 concellos da provincia”.
Candidatos elixidos un ano e medio antes das eleccións
Nunha entrevista no programa “Galicia por Diante” da Radio Galega, afirmou que xa se estaba traballando nas eleccións municipais de 2019 e lembrou a súa ideal inicial de que na provincia da Coruña tódolos candidatos sexan designados ano e medio antes dos comicios xa que “é necesario o tempo para que traballen e fagan os seus equipos e os seus programas”.
En tempo de congresos locais por toda a provincia, o presidente provincial indicou que “non hai unha obrigatoriedade pechada” pero na ponencia dos populares recóllese que “a ser posible” os presidentes locais serán os candidatos:”É unha maneira de ter o partido ordenado e é o que temos aprobado”.
XII Congreso PP A Coruña
Sobre o congreso que se celebrá este venres na Coruña non se quixo posicionar e afirmou que “o partido hai que xogalo ata o minuto 90”.Sobre a candidatura presentada por Javier Escribano dixo:”non se trata de sorpresa. É unha persoa que ten amosado interese sempre por estar ai e ten o seu dereito igual que calquera outra persoa”.
Calvo Pouso amosouse moi crítico co goberno da Marea Atlántica que mentres reclama fondos do Estado “ten 70 millóns de euros sen gastar do seu orzamento”. Algo que segundo Calvo repítese en Ferrol e en Santiago de Compostela:”Hai moitas persoas que igual votaron ás mareas e están lamentándose neses momentos” puntualizou.