San Fins, Santa Comba e Corcoesto, entre os dereitos mineiros que saca a concurso a Xunta

A Xunta de Galicia sacará a concurso 153 dereitos mineiros caducados nas catro provincias, cunha superficie total de 200.244 hectáreas, dez veces máis que a convocada no concurso do ano pasado. Así o anunciou o presidente galego, Alfonso Rueda, ao presentar a segunda fase do Plan mineiro de Galicia, centrada na investigación e explotación de recursos minerais críticos e metálicos.

2 Dereitos mineiros en Santa Comba e Corcoesto

A convocatoria inclúe 126 permisos de investigación e 27 concesións de explotación. Pontevedra concentrará 66 permisos; A Coruña, 29; Lugo, 21; e Ourense, 10. As 27 concesións de explotación están todas na provincia da Coruña, entre elas 21 dereitos en San Fins e dous en Santa Comba, ambos para o aproveitamento de volframio e estaño, e tres en Corcoesto, para ouro. Tamén se inclúe un dereito en Mesía para caolín, cuarzo e arxila.

Entre os recursos que se poderán investigar están o litio, o volframio, o estaño, o cobre, o ouro ou o coltán, materias primas que Rueda vinculou á competitividade industrial europea. «O territorio galego conta con 18 das 34 materias primas cualificadas como críticas pola Unión Europea», subliñou o presidente.

Proxectos con Plan Social

Como principal novidade, os proxectos deberán incluír un plan social que acredite o seu impacto positivo na contorna en materia de emprego e riqueza. Así, o 65% da valoración das propostas nas concesións de explotación corresponderá a criterios socioeconómicos e ambientais, por riba do peso dos criterios exclusivamente mineiros. Ademais, esixirase ás empresas unha achega económica anual mínima do 5% do EBIT, que podería superar o 8% nalgúns casos.

Unha vez publicada a convocatoria no Boletín Oficial del Estado, as empresas interesadas disporán de dous meses para presentar as súas solicitudes. A Consellería de Economía e Industria incorporou ademais ao visor de dereitos mineiros unha nova ferramenta baseada en intelixencia artificial para axudar aos solicitantes a delimitar con maior precisión os dereitos mineiros.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,280SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos