Malpica celebra do 20 ao 23 de agosto as Festas do Mar 2026

Malpica celebrará do 20 ao 23 de agosto as Festas do Mar 2026, catro xornadas de programación musical e actos tradicionais vinculados á vila mariñeira, segundo o programa dado a coñecer pola organización, impulsada polo patrón maior Pedro Pérez Martelo.

A programación arrancará o xoves 20 cunha verbena a cargo de La Bamba e DJ Roy.O venres 21 comezará cos pasarrúas da A.C. Malante e continuará coa sesión vermú a cargo do Dúo Veneguay. Pola noite, actuarán Los Platinos, e a xornada rematará coas sesións dos discjockeys Sara Pose e L. Macaro.

Grupo La Bamba en las Festas do Mar de Malpica

O sábado 22 manterá o mesmo esquema, cos pasarrúas da A.C. Malante e o vermú da artista Judith Cundíns. A verbena correrá a cargo do Grupo Alkar e a noite pecharase coa discomóbil CDC.

Grupo Alkar actúa en Malpica o sábado 22 de agosto

Domingo, procesión marítima en Malpica

O domingo 23, xornada final, incluirá de novo o percorrido da A.C. Malante e, ás 12.30 horas, unha misa solemne. O vermú contará coas actuacións de Laura Añón, Eric Hidalgo e J.J. Compota. Ás 17.30 horas celebrarase a procesión marítima, un dos actos centrais das festas.

En paralelo á programación festiva, a praia de Area Maior acollerá o venres 21 de agosto a vixésimo cuarta edición do Concurso de Barcanas e Castelos de Area, unha cita xa consolidada no calendario estival da localidade. Colaboran nos eventos festivos o concello de Malpica e a confraría de pescadores local.

Unha reportaxe sobre Malpica #turismomalpica

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,280SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos