Tres accidentes deixan nove persoas feridas en Coristanco, Santa Comba e Ponteceso

Tres accidentes de tráfico rexistrados durante a madrugada do sábado ao domingo deixaron un balance de nove persoas feridas nos concellos de Coristanco, Santa Comba e Ponteceso, segundo informou o 112 Galicia.

O primeiro dos sinistros produciuse en Coristanco. O sistema automático de emerxencia E-Call alertou ao 112 Galicia ás catro e corenta e cinco da madrugada dun accidente na AG-55, á altura do quilómetro 37,5, na parroquia de Oca. Tras contactar co ocupante do vehículo, este confirmou que sufrira un accidente e que permanecía atrapado no interior do turismo. Os Bombeiros de Carballo tiveron que excarceralo e, unha vez liberado, foi evacuado polos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

As Caselas

Antes, arredor das dúas e media da madrugada, rexistrouse outro accidente en Santa Comba, na zona das Caselas. Un turismo saíuse da vía e bateu contra un muro. Os seus catro ocupantes, dous adultos e dous menores de idade, conseguiron abandonar o vehículo polos seus propios medios antes da chegada dos servizos de emerxencia. Todos foron trasladados ao Centro de Saúde de Santa Comba e, segundo o 112 Galicia, ningún presentaba feridas de gravidade.

Cruce da Campara

O terceiro accidente produciuse arredor das seis e media da mañá na estrada DP-6805, ao paso por Cores, en Ponteceso. Segundo o 112 Galicia, un vehículo saíuse da vía e os seus catro ocupantes resultaron feridos de consideración. Cando chegaron os equipos de emerxencia, todas as persoas estaban accesibles e liberadas, aínda que precisaron asistencia sanitaria.

O turismo acabou impactando contra unha vivenda no coñecido cruce da Campara, onde conflúen as estradas DP-6805 (Pazos-A Campara) e DP-4307(Ponteceso-Malpica), un punto no que xa se teñen rexistrado outros accidentes. Os catro ocupantes son mozos e, e dous deles sufriron feridas de carácter grave. O vehículo implicado era un BMW M4 con matrícula andorrana.

Nos tres accidentes mobilizáronse efectivos do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, bombeiros, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e outros servizos de emerxencias coordinados polo 112 Galicia.

FOTOS- TVG- Ponteceso

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos