Unha nova fin de semana de revolta irmandiña en Vimianzo

Despois de acumular reservas nos Pinchos Irmandiños e quentar o ambiente con diferentes actividades, o Asalto ao Castelo afronta a súa fin de semana de efervescencia.

O Asalto ao Castelo de Vimianzo celebrará esta fin de semana unha nova edición cun amplo programa de actividades que combinará recreación histórica, música, artesanía, animación de rúa e propostas para todas as idades.

A programación comezará o venres 3 de xullo co XIII Espazo Artístico Itinerante e as actuacións da A.C. Trubisquiña e do Circuíto Musical con Dautaka. Pola noite terá lugar a tradicional Cea Medieval no foso do castelo, amenizada polo Pallaso Blanco e Cé Orquestra Pantasma, coa queimada dirixida polo druída Miguel Queiro. A xornada rematará coa XIV Noite Meiga, no campo da festa do Asalto, con concertos de Ulex, Che Sudaka, Quinkillada e La Yaya Dj.

Sábado o “Día D” dos Irmandiños

O sábado 4 de xullo, considerado o día grande da festa, arrancará coa XIV Feira Artesanal, aberta durante toda a xornada na Praza do Concello, e coa Mostra de Artesanía ao Vivo no castelo.

Durante a mañá desenvolveranse obradoiros infantís, actividades de xogos de mesa e xadrez, actuacións do Bruxo Medieval Iván Tourís, o Espazo Artístico Itinerante e o III Espazo Neghra Sombra, con concertos de Coídos, O Rabelo e Nenaza e Tapa d’Orella.

Xa pola tarde celebraranse o XIII Asaltiño, destinado ao público infantil, a Viaxe no Tempo coa historia dramatizada do castelo, torneos, entrega de premios do Certame de Microrrelatos Irmandiños e actuacións musicais. Ás sete da tarde terá lugar a reunión das Irmandades Parroquiais da Terra de Soneira e, posteriormente, o pregón da festa e o izado da bandeira irmandiña.

A partir das oito e media da tarde o Campo da Festa acollerá os concertos de De Ninghures e En Tol Sarmiento, antes do momento central da celebración, o Asalto ao Castelo, previsto para as 23.30 horas. A festa continuará de madrugada coas actuacións de Dakidarría, Los de Marras e Festicultores.

En Tol Sarmiento

Domingo 5 de xullo en Vimianzo

A programación concluirá o domingo 5 de xullo con visitas guiadas e teatralizadas ao castelo, unha sesión vermú a cargo de Medio Quinhón na Praza Castelao e unha nova cita do Festival Atlántica, que ofrecerá unha sesión de narración oral con José Luis Gutiérrez «Guti» no Castro das Barreiras.

O programa combina tradición, patrimonio, cultura popular e música en directo, consolidando o Asalto ao Castelo como unha das principais festas de recreación histórica de Galicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos