Ángel Carracedo ingresa na Real Academia Nacional de Medicina

A Real Academia Nacional de Medicina elixiu ao profesor xalleiro Ángel Carracedo como novo académico de número da institución. Carracedo ocupará o sillón número 19 e participará nos traballos científicos, publicacións e actividades de asesoramento que desenvolve a Academia.

Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela desde 1990, Carracedo dirixe actualmente a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e varios grupos de investigación vinculados á xenética e á medicina molecular.

O investigador de Santa Comba é unha das referencias internacionais no ámbito da xenética forense e contribuíu á implantación das probas de ADN utilizadas pola xustiza en numerosos países. Ao longo da súa traxectoria publicou máis de 900 artigos científicos, dirixiu 110 teses doutorais e impartiu miles de conferencias e actividades divulgativas en todo o mundo.

A toma de posesión como académico celebrarase nos próximos meses tras a votación realizada polos membros da institución.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos