O PP e María Reigosa presentan unha moción de censura en Lugo

O PP rexistrou no Concello de Lugo unha moción de censura que, de saír adiante, cambiará o goberno municipal co apoio dos seus doce concelleiros e da edil non adscrita María Reigosa, ex do PSdeG e voto decisivo para a maioría.

Elena Candia defendeu a iniciativa asegurando que se basea na necesidade de dar estabilidade ao Concello ante a falta de maioría do actual executivo. “A debilidade dun Goberno non pode implicar a debilidade dun concello tan importante como é o de Lugo”, afirmou, defendendo a decisión como unha resposta á situación política da cidade.

Candia agradeceu o paso de Reigosa, á que cualificou de “valente e honesta”, e negou que exista ningunha contraprestación no acordo.

Pola súa banda, María Reigosa xustificou o seu apoio á moción ao considerar que o goberno local “non é capaz de dar solucións aos problemas da cidade” e rexeitou as acusacións e insinuacións sobre posibles favores vinculados ao seu voto, asegurando que non concorrerá a unha praza convocada pola Xunta que fora mencionada nestas especulacións.

Críticas de PSOE e BNG

O alcalde, Miguel Fernández, reaccionou con dureza e acusou ao PP de “felonía”, afirmando que a iniciativa responde a intereses políticos alleos á cidade. Criticou tamén o papel de Reigosa e considerou que non existen motivos obxectivos para o cambio de goberno, defendendo que o Concello “funciona con normalidade”.

A moción chega nun contexto de forte tensión política en Lugo, onde o resultado pode derivar nun novo cambio de alcalde e na cuarta corporación distinta en apenas tres anos.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou o equipo municipal para mostrar o seu apoio ante a situación que se está vivindo. A responsable nacionalista acusou directamente a Rueda de permitir «este atropelo democrático»,

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos