Pilar Otero: “A declaración da Renda non é un trámite automático, necesita unha revisión”

A presidenta do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia, Pilar Otero Moar, advertiu da importancia de revisar con detalle os borradores da declaración da renda, nun contexto marcado pola crecente dixitalización e automatización dos procesos fiscais.

Durante unha entrevista radiofónica en Radio Xallas, Otero subliñou que a campaña da renda continúa sendo un período de elevada carga de traballo para o sector, ao tempo que destacou a necesidade de adaptación constante: “O noso sector está en constante cambio” e “hoxendía, con toda a dixitalización, a intelixencia artificial, o que temos que facer e adaptarnos”.

A responsable colexial insistiu en que a declaración da renda non debe asumirse como un trámite automático. “Non é un trámite automático, é que necesita unha revisión”, indicou, alertando de que aceptar o borrador sen comprobación pode derivar en erros ou problemas posteriores . Neste sentido, recalcou que o obxectivo é “pagar o xusto que temos que pagar, para non meter a pata, para non ter problemas despois” .

Comprobar o borrador da Declaración da Renda

Entre as incidencias máis habituais, Otero apuntou ás “imprecisións” nos datos facilitados pola Administración, así como á falta de revisión da situación persoal e familiar, que pode afectar ás deducións aplicables. “Hai que botarlle un repaso moi grande á situación da unidade familiar”, explicou .

Outro dos aspectos destacados foi a necesidade de comprobar cada ano a obrigación de presentar a declaración. “Non dar por feito que a situación ou a obriga é a mesma dun ano para outro”, advertiu, lembrando que cambios como a venda de propiedades poden modificar esta obriga .

A presidenta tamén incidiu na complexidade do sistema fiscal, afastando a idea de simplicidade que, ao seu xuízo, se transmite desde algunhas campañas institucionais. “A declaración da renta, que nós están vendendo como algo tan sinxelo, tan fácil… é algo complicado”, afirmou.

Detalles que poden ter unha incidencia relevante

En relación co resultado da declaración, Pilar Otero sinalou que pequenas modificacións poden ter un impacto significativo: “Calquer cousa pequeniña que haxa que modificar, pode dar lugar a unhas diferencias importantes nos resultados final da declaración” . Tamén é interesante comprobar as deduccións existentes na autonomía de Galicia ou saber que as cotas sindicais ou de colexios profesionais desgravan así como as novidades fiscais de cada ano.

Finalmente, lanzou unha mensaxe de prudencia aos contribuíntes: “Non nos precipitemos”, aconsellando “non quedar con ninguna dúbida antes de apretar o botón”, recomendando recorrer ós profesionais das xestorías para evitar erros e posibles sancións e contar cun asesoramento completo.

Nesta entrevista en Radio Xallas falamos na Declaración da Renda 2025

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos