Obras en estradas de Santa Comba, Zas ou Negreira con 3,5 millóns de orzamento

A Xunta de Galicia vén de autorizar a licitación das obras de renovación do firme en oito estradas autonómicas ao seu paso por dez concellos das comarcas de Soneira, Xallas, Fisterra o Barcala, cun investimento previsto de preto de 3,5 millóns de euros.

Segundo informou o Goberno galego, as actuacións desenvolveranse en distintos treitos da vía de altas prestacións VG-1.4, entre Cee e Sardiñeiro, así como nas estradas AC-404 (Santa Comba-Baio), AC-429 (Ponteceso-Laxe), AC-440 (Berdoias-Muxía), AC-444 (Negreira-Ponte Failde), AC-546 (Negreira-A Pereira), AC-550 (Cee-Ribeira) e AC-552 (A Coruña-Cee).

As intervencións afectarán aos municipios da Baña, Cabana de Bergantiños, Cee, Fisterra, Laxe, Muros, Muxía, Santa Comba, Vimianzo e Zas, cunha actuación global que se estenderá ao longo de preto de 65 quilómetros.

Execución neste 2026

O obxectivo destes traballos é mellorar as condicións funcionais das vías autonómicas e reforzar a seguridade viaria. As obras consistirán na rehabilitación superficial do firme, mediante actuacións orientadas a recuperar as prestacións do pavimento e a garantir a súa durabilidade.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas prevé licitar as actuacións nas vindeiras semanas a través da Axencia Galega de Infraestruturas, co propósito de adxudicalas no segundo trimestre do ano e executalas ao longo deste 2026, cun prazo estimado de seis meses.

Desde a Xunta subliñan que estas intervencións non requirirán expropiacións, ao desenvolverse dentro da franxa de dominio público das estradas autonómicas.

O Executivo galego destaca que esta actuación enmárcase na súa aposta pola conservación e mellora da rede viaria existente, o que permite reducir custos de mantemento a longo prazo e incrementar a seguridade nas estradas. Neste sentido, lembra que en 2026 se acada un investimento histórico en conservación da rede autonómica, con 71,6 millóns de euros destinados a este fin

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos