Antía Muíño presenta Anfibia por veces, un disco ecléctico que explora identidade e contrastes

A cantautora galega Antía Muíño presentou nunha entrevista radiofónica en Radio Xallas o seu novo traballo discográfico, Anfibia por veces, un álbum no que explora diferentes sonoridades e estados emocionais a partir dunha proposta musical marcada polo eclecticismo e pola reflexión sobre a identidade.

Segundo explicou a artista con raíces na Costa da Morte, o título do disco nace dunha metáfora vinculada tanto ao contido musical como á súa propia visión vital. “É o título dunha das cancións do álbum, na que reflexiono tamén un pouco acerca da miña identidade e da miña relación co entorno, coa terra”, indicou. A autora subliñou que a idea do anfibio representa esa capacidade de moverse entre distintos elementos: “E despois chamei así o álbum porque é un álbum moi ecléctico e que transita por diferentes elementos e isto tamén o fai un ser anfibio”.

Entrevista de Antía Muíño en Radio Xallas

O novo traballo continúa a liña iniciada co seu primeiro disco, Carta Aberta, pero incorpora unha maior experimentación sonora. A cantante explicou que o eclecticismo non foi unha decisión planificada desde o inicio. “Non, non foi premeditado. Eu creo que en xeral xa o meu primeiro traballo, Carta Aberta, tamén tiña ese eclecticismo”, sinalou. No novo álbum, engadiu, hai unha procura máis profunda de novas tímbricas e instrumentos cos que non traballara anteriormente.

No proceso creativo, Muíño explicou que adoita partir da guitarra e da melodía antes de desenvolver as letras. “Eu non son nada metódica, digamos, non teño como un método”, afirmou, ao tempo que detallou que as cancións poden xurdir tanto de forma espontánea como tras un proceso longo de maduración. “Outras veces resulta que teño un día moi inspirador e fago unha canción, nunhas horas”.

Entre os temas do disco destaca “Amor fugaz”, unha peza que introduce unha dimensión máis luminosa e festiva dentro do conxunto do álbum. A cantante explicou que buscaba tamén reflectir esa faceta na súa música: “Quería un pouco tamén que se reflectise como esa parte máis de celebración, máis luminosa”.

Anécdotas de Antía Muíño

A artista tamén abordou a súa experiencia levando a música galega a outros países, onde comprobou a capacidade do directo para conectar con públicos diversos. “Ao principio sí que tiña como ese medo inicial, pero despois, como a experiencia é tan positiva, xa a xente conecta”, afirmou.

Durante a conversa relatou unha anécdota ocorrida nun concerto no norte de Marrocos, onde técnicos locais identificaron unha muñeira interpretada pola banda cun ritmo propio da súa tradición musical. “Pensaban pois que estabamos tocando un ritmo deles propio”, explicou, destacando o poder da música para establecer conexións culturais inesperadas.

Muíño tamén participou activamente na produción do disco xunto ao produtor Hevi, nun proceso no que se priorizou a gravación con varios músicos tocando simultaneamente na mesma sala. Segundo indicou, este método permite transmitir unha maior emoción nas interpretacións.

Despois dunha exitosa presentación en Santiago de Compostela, a cantante continúa agora coa presentación do álbum en diferentes cidades da península, con actuacións en teatros e unha xira que inclúe varios destinos dentro e fóra de Galicia.

FOTOS DE ANTÍA MUÍÑO- MAR SUÁREZ

As cancións do disco «Anfibia por Veces»

A Beleza

Anfibia por veces

FiGA

Cien Olivos

Amor Fugaz

Mientras sueño y vivo

Amodinho

Augha desa fonte

Eu canto

Umbral

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos