María Xosé Ares Casal, Medalla do Parlamento de Galicia 2026

María Xosé Ares Casal será unha das mulleres que recibirá a Medalla do Parlamento de Galicia 2026. Ares Casal foi deputada autonómica, concelleira en Santa Comba durante 22 anos, delegada de Educación da Xunta e directora do CEIP Barrié de la Maza, entre outros cargos que conforman unha dilatada traxectoria vinculada ao municipio xalleiro.

A Mesa do Parlamento acordou por unanimidade conceder a Medalla do Parlamento de Galicia 2026 ás nove deputadas da IV Lexislatura que hai trinta anos participaron na Conferencia Mundial da Muller en Pequín, así como á exconselleira e deputada Manuela López Besteiro.

As deputadas distinguidas son María Xosé Ares Casal, María Teresa Fernández Piñeiro, Pilar Pedrosa González de Castejón, María Fernanda Cerviño Villaverde, Elisa Madarro González (Grupo Popular); María Xosé Porteiro García, María Antonia Álvarez Yáñez (Grupo Socialista); e María Pilar García Negro e Olaia Fernández Dávila (Grupo do BNG), a maioría integrantes da primeira Comisión Parlamentaria para a Igualdade e os Dereitos das Mulleres.

O acto celebrarase o 6 de abril, coincidindo co aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia, e recoñece a labor pioneira destas deputadas e o seu compromiso coas políticas de igualdade.

Desde a súa primeira edición, a Medalla do Parlamento de Galicia entregouse anualmente nesta data, recoñecendo en anos anteriores a expresidentes e expresidentas do Parlamento, a Comisión dos Dezaseis, Cáritas Diocesana, COGAMI, Aldeas Infantís SOS, a emigración galega, fundacións da Xeración Nós, institucións estatutarias, a cooperación transfronteiriza con Portugal e, recentemente, a Real Academia Galega de Belas Artes, Afundación-Obra Social ABANCA e o catedrático Ramón Villares.

FOTO María José Ares Casal- Xosé Manuel Lema- Arquivo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos