A Deputación da Coruña destina 12,2 millóns á primeira fase do plan de conservación de estradas 2026

O pleno da Deputación da Coruña aprobou a primeira fase do Plan de Conservación de Vías Provinciais 2026, cun orzamento de 12,24 millóns de euros, un 7,5 % superior ao do pasado ano, destinado a actuacións de mantemento, reparación de firmes e mellora da seguridade viaria na rede provincial, que supera os 2.000 quilómetros.

O plan inclúe renovación de pavimentos, sinalización e obras de drenaxe, e complétase cos programas de reparacións urxentes e roza e limpeza das marxes, que elevan o investimento medio ata máis de 8.192 euros por quilómetro.

Segundo explicou o presidente provincial, Valentín González Formoso, o mantemento desta rede constitúe unha actuación prioritaria pola súa importancia para a mobilidade diaria e a actividade económica da provincia. A maior parte dos fondos destinaranse á renovación de firmes e capas de rodaxe e á mellora da sinalización, mentres que arredor do 17 % investirase en limpeza de cunetas, drenaxes e instalación de defensas viarias.

As actuacións distribúense en 36 grupos por toda a provincia. Entre os investimentos previstos figuran 260.072 euros na estrada DP-1914 Carballo-Portomouro (grupo 34); 341.777 euros para actuacións en Coristanco, Santa Comba e Zas (grupo 35); e 236.342 euros na DP-3404 entre Serra de Outes e Dumbría (grupo 36).

Ademais, destínanse 450.152 euros a vías de Carballo, Cerceda e A Laracha (grupo 17); 381.411 euros a Cabana, Malpica e Ponteceso (grupo 18); 145.376 euros a Camariñas, Laxe, Muxía e Vimianzo (grupo 19); 203.999 euros a Cee, Corcubión, Dumbría e Mazaricos (grupo 20); 386.092 euros a Ames, A Baña, Negreira e Val do Dubra (grupo 21); 415.235 euros a Ordes, Santiago, Tordoia, Trazo e Val do Dubra (grupo 22); e 428.100 euros a actuacións en Mazaricos, Muros e Outes (grupo 23).

A proposta saíu adiante cos votos favorables de PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños e coa abstención do PP.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos