Marcial Mouzo: “A primeira rede social en Galicia foi o «Pensando en ti»

O locutor Marcial Mouzo Vidal puxo punto final á súa etapa á fronte do programa Pensando en ti, un dos espazos máis recoñecibles das madrugadas na Radio Galega. Fíxoo na súa última noite “deste lado do micrófono”, antes da retirada tras 41 anos de traxectoria profesional.

A despedida estivo marcada por un ton de lembranza e por referencias ao papel que o programa tivo durante décadas como punto de encontro para oíntes que traballan ou pasan a noite en vela.

Nunha entrevista na TVG, Mouzo evocou os primeiros tempos do formato, cando as chamadas eran escasas e a audiencia parecía incerta, e comparou o espazo cunha comunidade creada moito antes das plataformas dixitais: “Agora que tanto falamos das redes sociais eu penso que a primeira rede social en Galicia foi o ‘Pensando en ti’”.

A compañía da radio

O comunicador de Camariñas, tamén subliñou o valor do acompañamento na radio nocturna, nun contexto no que, segundo indicou, medra a soidade. “Cada vez vemos máis persoas vivindo soas e o que é peor, morrendo soas. E aí estamos nós, acompañando”, afirmou, ao explicar que moitas persoas chamaban simplemente para ter con quen falar.

O programa continua en antena, entre a 1.00 e as 6.00 da madrugada, agora presentado por Pepe Capelán, mantendo a franxa e o formato que durante anos identificou a voz de Marcial Mouzo na radio pública galega.

Pola súa banda, Marcial Mouzo colaborará co programa ‘Quen Anda Aí?’ da Televisión de Galicia (TVG)

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos