9.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 5, 2026

Renovado o convenio para o Castelo de Vimianzo e os Batáns de Mosquetín

A Deputación da Coruña e o Concello de Vimianzo renovaron o convenio de colaboración para garantir durante o ano 2026 a xestión cultural e turística do Castelo de Vimianzo e do conxunto etnográfico dos Batáns de Mosquetín. O acordo foi asinado este domingo polo presidente provincial, Valentín González Formoso, e pola alcaldesa de Vimianzo e deputada provincial, Mónica Rodríguez.

O convenio establece unha achega máxima da Deputación de 120.000 euros, máis do 85 % do financiamento dos gastos non cubertos polos ingresos da actividade. O orzamento total do proxecto ascende a 140.000 euros, destinándose a maior parte á programación e funcionamento do Castelo de Vimianzo.

O acordo dá continuidade ao modelo de xestión baseado na atención profesional ás persoas visitantes e nunha programación cultural e divulgativa ao longo de todo o ano. O castelo conta cunha exposición permanente, con centro de interpretación, paneis sobre a historia da fortaleza e diferentes manifestacións artesanais, ademais do acceso ao foso e ás dependencias do edificio medieval.

Entre os principais eixos da actividade figura a Mostra de Artesanía en Vivo, na que se amosan oficios tradicionais como o encaixe de Vimianzo, o traballo do liño, a olería de Buño, a maquetería naval e traballos en prata, vidro, coiro, papel ou palla. O programa inclúe tamén exposicións temporais, tanto de artesáns como doutras temáticas vinculadas á promoción cultural e patrimonial da Costa da Morte e da provincia.

A programación complétase con visitas guiadas e teatralizadas, especialmente no verán e en Semana Santa, así como visitas nocturnas con personaxes históricos. Ao longo do ano organízanse tamén actividades socioculturais como obradoiros, encontros de palilleiras, roteiros pola contorna, actuacións musicais, relatorios e propostas participativas para diferentes públicos. No verán inclúense as “Noites no Castelo”, con espectáculos culturais en pequeno formato.

O convenio incorpora ademais unha liña educativa, coa elaboración de unidades didácticas adaptadas aos distintos ciclos escolares, co obxectivo de converter o castelo nun recurso pedagóxico para os centros da comarca e da provincia.

O acordo terá vixencia desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de marzo de 2027, garantindo a apertura, o mantemento e a programación continuada destes espazos patrimoniais.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos