Esperanza Calvo: “A guerra é un horror”

«Fan falta xornalistas que conten as cousas que pasan, pero tamén persoas que queiran velas, lelas e escoitalas. Quen só se informa polas redes está entretido, pero non informado».

Esperanza Calvo Vázquez foi distinguida polo Ministerio de Defensa pola súa cobertura da guerra de Ucraína, un recoñecemento que pon o foco no traballo informativo desenvolvido sobre o terreo nun dos conflitos máis crueis do panorama internacional actual.

Esperanza Calvo en Radio Xallas

A xornalista de Santa Comba achegou a súa experiencia nunha entrevista concedida a Radio Xallas, onde relatou con detalle o que significa informar desde un país en guerra e cales son as esixencias profesionais e humanas dunha cobertura marcada polo perigo constante. Lonxe de calquera visión épica, o seu testemuño céntrase na realidade do conflito e na responsabilidade de contar o que ocorre.

“A guerra é un horror”, afirmou de forma contundente, deixando claro que non existe ningún relato que poida suavizar as súas consecuencias. “Non hai ninguén que saia beneficiado dunha cousa así”, insistiu, subliñando que basta un só día para que todo cambie: “Nun só día cambia a vida de todo o mundo”

“Había drons no aire e había que saír do coche”

Durante a entrevista, a xornalista describiu situacións vividas en zonas de risco, como ataques con drons, que obrigaban a tomar decisións rápidas. “Había drons no aire e había que saír do coche”, explicou, lembrando un dos momentos máis delicados da súa cobertura. Naquel episodio, o equipo quedou exposto en campo aberto: “O problema é que nos pillou no medio dun descampado. Non había ningún refuxio, ningún sitio onde esconderse”.

Esperanza Calvo detallou como, nesas circunstancias, a experiencia e os protocolos de seguridade resultan determinantes. “O protocolo di que hai que separarse tres ou cinco metros para que non resulte ferido todo o grupo”, relatou. Aínda así, recoñeceu que chega un punto no que a situación escapa ao control: “Hai un momento no que simplemente tes que manter a calma e aceptar o que poida pasar”.

“Non podes ir a unha guerra a perder os nervios”

A xornalista subliñou que a clave para seguir traballando nese contexto é a profesionalidade. “Naquel momento pesa a profesionalidade e a experiencia dos xornalistas”, afirmou, advertindo de que non todo o mundo está preparado para este tipo de coberturas. “Non podes ir a unha guerra a perder os nervios”, sinalou con claridade. “Se perdes os nervios, non podes traballar”.

Nas súas palabras repítese unha idea central: o xornalista non é o protagonista. “Eu estou alí porque estou facendo un traballo”, explicou, remarcando que informar esixe manter unha distancia emocional que permita cumprir coa labor encomendada.

“Non é o sitio para derrubarse nin para chorar. Se tes que chorar, choras cando volves a casa”, engadiu, apelando tamén ao respecto cara á poboación local, que non ten a opción de marcharse.

Momento complicado na historia mundial

Máis aló da fronte de guerra, Calvo mostrou a súa preocupación polo desinterese social cara aos conflitos internacionais. “Fan falta persoas que conten as cousas e persoas que queiran velas, lelas e escoitalas”, afirmou. Na súa opinión, existe unha falsa sensación de afastamento: “Parece que Ucraína está lonxe, pero si ten que ver con nós”. Incluso detectou semellanzas no carácter dos ucraínos e dos galegos.

Tamén foi crítica co consumo exclusivo de información a través das redes sociais. “A xente que di que se informa polas redes non está informada, está entretida”, asegurou, diferenciando o traballo xornalístico do contido xerado para captar atención. “Hai que saber diferenciar un xornalista dun influencer”, apuntou, defendendo a necesidade de contrastar fontes. “Cantos máis medios diferentes sigas, mellor

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos