A Garda Civil investiga un atraco ocorrido a primeira hora da mañá nunha gasolineira de Baño, no concello de Muros. Segundo informou a TVG, os feitos produciron arredor das sete, cando a traballadora ía abrir o establecemento tras unha noite de temporal que deixara a zona sen subministración eléctrica.
Dúas persoas, co rostro cuberto e armadas cun bate, empurraron a empregada e levaron os cartos da caixa rexistradora. Un terceiro individuo quedou no coche, que segundo as primeiras investigacións fora roubado o domingo en Carballo.
Os asaltantes tamén tentaron acceder á caixa forte, sen éxito, e fuxiron cun botín inferior aos 300 euros, ademais dalgúns produtos do mostrador. O suceso quedou gravado polas cámaras de videovixilancia. A Garda Civil continúa coa investigación.



