9.7 C
Santa Comba
sábado, enero 31, 2026

Besteiro considera positivo o acordo UE–Mercosur para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, cualificou o acordo comercial entre a Unión Europea e Mercosur como “positivo para Galicia e para España” nun contexto internacional marcado polo incremento dos aranceis e a restrición de mercados.

Besteiro sinalou que o acordo abre novas oportunidades para sectores da economía galega como a automoción, o téxtil, a química e a industria agroalimentaria, ao facilitar o acceso a un mercado sen barreiras arancelarias para produtos elaborados.

«Novo mercado sen aranceis»

En relación co sector do vacún, recoñeceu a existencia de preocupacións, pero lembrou que as importacións previstas desde Mercosur non superan o 1,5 % da produción total de carne de vacún da Unión Europea. Indicou que a aplicación de controis rigorosos, cláusulas de salvagarda e a esixencia das mesmas condicións sanitarias e ambientais son elementos clave do acordo.

Engadiu que o marco comercial tamén pode ter efectos positivos noutros sectores, como o lácteo, ao reducir custos de materias primas e mellorar a competitividade das explotacións galegas.

“A xeneralidade é que o acordo vai ser bo para España e para Galicia, porque vai ser un mercado onde os nosos produtos en Galicia de automoción, de química, de téxtil, de moitos produtos elaborados, van ter un novo mercado sen aranceis”, afirmou.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos