20xVinte segue coa súa labor divulgativa, e co apoio da Deputación da Coruña vén de publicar a súa guía número 19 “A Paisaxe que sabe da man de 20 restauradores”.
Despois do saúda do Vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, iniciase a viaxe na “Fervenza de Castriz” co chef do “Retiro da Costiña”, Manuel García, para continuar pola “Praia de Area Maior”(Muros) con Lucía Freitas (A Tafona), no coruñés Mercado da Praza de Lugo, con Luis Veira (Árbore da Veira), e na “Praia de Area Pequena” en Malpica con Xurxo Agrasar do Restaurante As Garzas.
Continúa a singradura con Marcelo Tejedor (Casa Marcelo) pola Ponte Maceira (Ames-Negreira), con Óscar e Manolo Vidal (Asador O Pazo) por Padrón e na Catedral de Santiago con Claudia Merchán e Axel Smyth (Simpar).
Máis restauradores e máis lugares emblemáticos completan a listaxe:
Praia da Arnela (Fisterra)- Brais Pichel (Terra).
Pesqueiras do Tambre (Outes – Noia) – Fernando Rodríguez e Eva Guzmán (O Secadeiro).
Pico Sacro”(Boqueixón) – Roberto Filgueira e Marta Fernández (O Balado).
Castro de Baroña (Porto do Son)- André Arzúa (Espazo Abella).
Cabana de Bergantiños – Álvaro Victoriano – (Grupo Peculiar).
Miradoiro da Bailadora (Ares)- José Valiente e Nair González (Muelle 43).
Praia dos Cristais (Laxe) – Iván Domínguez (Nado).
Gabenlle (A Laracha) – Moncho Bargo e Javi Freijeiro (Pracer Zalaeta).
Praia de Soesto (Laxe)- Víctor Basante (Arrueiro).
Cabo Prior (Ferrol) – Daniel López (O Camiño do Inglés).
Calas da Pobra do Caramiñal – Kike Piñeiro (A Horta do Obradoiro).
Fervenza da Noveira (Mazaricos) – Lara Alvarellos e Fabián Mouzo (O Camiño Fala).
Miradoiro de Monte Branco (Ponteceso)- Silvia Facal (Balarés).
Nesta guía que podes descargar nesta ligazón hai máis información gastronómica e de lugares que visitar na provincia da Coruña.
A Fervenza de Castriz, no concello de Santa Comba, está presente en varias das guías de 20xVinte.


