Paula Mouzo Mas: “Camariñas é un gran barco que leva décadas sen ninguén ó timón”

A deputada autonómica do Partido Popular, Paula Mouzo Mas, tamén portavoz da formación no Concello de Camariñas, participou nunha entrevista en Radio Xallas onde abordou tanto a súa actividade no Parlamento galego como o seu papel na oposición municipal. Mouzo ofreceu unha visión crítica da situación política e institucional do seu concello natal.

“Hai unha cousa común: traballar polo interese xeral da sociedade”, sinalou sobre o seu labor institucional. Segundo explicou, a súa actividade parlamentaria ocupa boa parte do tempo, pero permite ver avances e formar parte “dun grupo comprometido”. Asemade, indicou que esa perspectiva permítelle contrastar coa realidade municipal: “En Camariñas, son a portavoz do principal grupo de oposición e vexo as dúas caras da moeda”.

Mouzo destacou a continuidade do PSOE á fronte do Concello de Camariñas, que leva gobernando máis de 40 anos de forma ininterrompida, con Sandra Insua como alcaldesa durante os últimos anos. Subliñou que “Camariñas é o concello que paga máis impostos de todas estas comarcas da volta, que está a piques de perder dous concelleiros pola perda de poboación e que ten unha das maiores débedas de toda a provincia da Coruña”.

A popular denunciou tamén a falta de xestión orzamentaria: “É un concello onde non se aproban orzamentos todos os anos, onde temos os caixóns cheos de facturas suspendidas pola Intervención e onde as parroquias están abandonadas, e a limpeza e as obras brillan pola súa ausencia”.

Entrevista a Paula Mouzo en Radio Xallas- Desde o minuto 60

Alternativa para un cambio político en Camariñas

Nun ton reivindicativo, Paula Mouzo recoñeceu a dificultade de exercer a oposición nestas circunstancias: “Entenderás que con estes datos tan negativos a labor de oposición non é fácil”. Con todo, puxo en valor o traballo realizado polo Partido Popular local: “Estamos presentando unha alternativa seria e solvente desde o Partido Popular. O noso traballo ten un feedback moi potente”.

Segundo apuntou, perciben cada vez máis apoio por parte da veciñanza: “Estou notando como os veciños se achegan a nós para que traslademos peticións. Hai xente que nos ofrece apoio e ánimo”. Para Mouzo Mas, ese respaldo cidadán é “o máis motivador de todo, sentir que estamos despertando a ilusión polo cambio político en Camariñas”.

Mostrándose convencida de que a súa alternativa gaña terreo, afirmou que “cada día está máis cerca e se seguimos nesta liña será realidade en dous anos”. E concluíu cunha metáfora contundente: “Despois de máis de corenta anos de involución e sectarismo, é o momento de deixar de seguir camiñando como o cangrexo e poñerlle o turbo a esta nosa Camariñas que tanta potencia ten. Somos un gran barco que leva décadas sen ninguén ó timón”.

Por último, criticou a falta de iniciativa do goberno local: “Non teñen iniciativa. Non hai proxectos ambiciosos e as poucas cousas que fan é porque llas pide o Partido Popular e collen algo de vergonza”. E rematou con outra declaración rotunda: “Temos catro soldos en Camariñas. Eu sempre digo que se o concello fora unha empresa, a nosa alcaldesa Sandra Insua estaría despedida”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos