16.4 C
Santa Comba
jueves, julio 17, 2025

A orquesta Panorama actúa o 12 de xullo en San Cristovo de Mallón

A Orquesta Panorama actuará nas Festas de San Cristovo de Mallón, en Santa Comba, o vindeiro sábado 12 de xullo. Chegará a terras xalleiras co seu Epic Tour.

Toda unha referencia da verbena galega para poñer o broche a unhas celebracións que arrancan o xoves 10 de xullo cunha sesión vermú co Dúo Élite . A misa será as 13:00 na honra a San Cristovo, San Antonio e San Roque.

O venres 11, misa ás 13:00, na honra o Santísimo Sacramento, sesión vermú co Dúo Rosán e verbena coa discoteca móbil CDC e co Trío Alborada.

O sábado 12, este trío formado por Enrique Miramontes, Alberto Suárez e José Manuel Suárez amenizará a sesión vermú despois da misa na honra á Virxe do Carme.

E pola noite a discoteca móbil Full acompañará a Orquesta Panorama, que mantén o seu elenco coa incorporación de Marleny DV que sustitúe a Fátima Pego.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos