17.5 C
Santa Comba
jueves, julio 17, 2025

A Xunta renova os pavimentos dos portos de Camariñas e Camelle cun investimento de 130.000 €

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está a executar obras de renovación de pavimentos nos portos de Camariñas e Camelle, no concello de Camariñas. A actuación conta cun investimento de 130.000 euros e permitirá mellorar as condicións das explanadas e viarios destas instalacións portuarias, que presentaban un desgaste notable.

Os traballos inclúen a reposición dos firmes deteriorados e o pintado da sinalización horizontal, así como o axuste de tapas de pozos, arquetas e sumidoiros para garantir unha superficie continua e segura.

Esta intervención enmárcase nun plan máis amplo promovido por Portos de Galicia que abarca 26 dársenas autonómicas, cun orzamento global de 1,6 millóns de euros. O plan contempla a substitución e reforzo de pavimentos, así como labores de saneo e mellora das explanadas.

No caso concreto do porto de Camariñas, as obras céntranse no vial de acceso, na explanada do peirao e na contorna do club náutico. En Camelle, os traballos afectan ao paseo marítimo, tanto na zona anterior como posterior á explanada portuaria.

Portos de Galicia sinala que estas melloras buscan incrementar a seguridade viaria tanto para os vehículos como para os peóns que transitan por estas zonas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos