15.9 C
Santa Comba
martes, junio 24, 2025

Denuncian a situación crítica do galego e chaman á mobilización o 17 de maio

A cuestión de «emerxencia lingüística» segue sendo un tema de debate. A plataforma Queremos Galego considera que a situación do galego si é crítica e convocou para o sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas, unha manifestación baixo o lema «Lingua vital xa!».

O portavoz da plataforma, Marcos Maceira, afirmou que a manifestación debe ser «histórica» para reverter a situación que eles consideran de emerxencia e promover un cambio de rumbo na protección e impulso da lingua galega.

A mobilización terá lugar na rúa e agárdase que sexa unha «gran foliada pola lingua», onde se reclamará a necesidade de eliminar programas que, segundo a plataforma, buscan a destrución do galego. Maceira invitou á sociedade galega a saír á rúa e unirse á loita pola preservación e fortalecemento do galego.

A marcha sairá ás 12h da Alameda, pasará diante do IES Rosalía de Castro e do IES San Clemente, polo Franco e a rúa Fonseca, ata concluír na praza do Obradoiro, onde a actriz Isabel Risco conducirá un acto no que intervirán a coordinadora e o voceiro de Queremos Galego e se presentarán as entidades que participarán no proceso social Lingua vital para concretar e executar os acordos xa tomados en relación ao idioma.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,180SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos