9.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 5, 2026

UPG: «Só unha Galiza soberana garantirá o benestar da clase traballadora»

A UPG reivindica a independencia para defender os intereses da clase traballadora galega.

A organización integrada no BNG publicou un comunicado na véspera do Día Internacional do Traballo alertando sobre o agravamento da ofensiva imperialista e o espolio dos recursos galegos.

Na véspera da conmemoración do Día Internacional do Traballo, a Unión do Povo Galego (UPG), organización integrada no Bloque Nacionalista Galego (BNG), fixo público un comunicado no que analiza a actual conxuntura internacional e a situación socioeconómica da Galiza.

No seu escrito, a UPG denuncia o «agravamento da ofensiva imperialista», caracterizada por unha «perigosa escalada militarista e belicista» que, na súa opinión, responde a un «axuste do propio sistema capitalista» para manter a hexemonía dos Estados Unidos nun escenario mundial multipolar.

A organización nacionalista tamén critica as «aparentes guerras comerciais» que, segundo afirman, buscan promover un «intercambio desigual» e afondar nas relacións de dependencia.

A UPG tamén censura a «absoluta subordinación da Unión Europea» ás directrices de Washington e da OTAN, unha submisión que, segundo o comunicado, tamén se reproduce no Goberno español (PSOE/Sumar) co «aumento do gasto militar».

Boom eólico, mina de Touro e Altri

No que atinxe á Galicia, a UPG advirte sobre o avance da «depredación e o espolio colonial» dos recursos naturais, citando o «boom eólico», a reactivación da mina de Touro e a ameaza do proxecto de megacelulosa de Altri como exemplos dunha «política de saqueo» ao servizo do «grande capital».

A organización nacionalista faise eco do «aumento da precariedade e o empobrecemento» que padecen as clases populares e traballadoras galegas. Ao desemprego e á crise industrial súmanse, segundo a UPG, o empeoramento das condicións laborais, a perda de poder adquisitivo dos salarios e a dificultade de acceder a dereitos básicos como a vivenda.

Ante este panorama, defende que «a defensa dos intereses do pobo traballador galego só pode pasar por avanzarmos na conquista da plena soberanía, da nosa independencia nacional, para edificarmos unha nova Galiza, de prosperidade e benestar».

Para lograr este obxectivo, a organización considera «fulcral fortalecer o movemento nacionalista galego, quer a nivel político quer a nivel sindical».

A UPG avoga por unha soberanía que permita orientar a economía e os recursos en favor dun «desenvolvemento autocentrado» e na construción do socialismo en Galicia..

Ana Pontón no Congreso do UPG

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos