O concelleiro mazaricán, Javier González, é o responsable de organización. Santa Comba está representada por Teresa Castro.
Espazo Común Galeguista celebrou no Carballiño unha Xuntanza política na que xunto os temas políticos tratados escolleuse unha nova executiva galega que estará liderada por Pachi Vázquez, que terá como secretario de organización o concelleiro mazaricán Francisco Javier González Trillo e de coordinación a edila de Ames, Luisa Feijóo. Tamén está na executiva Teresa Castro, de Santa Comba.
A formación pretende, que conta con representación municipal en O Carballiño, Mazaricos, Ponteceso, A Guarda e Ames pretende “fortalecer a súa presenza en Galicia” e “consolidar un proxecto político de futuro, centrado na defensa dunha axenda galega e na promoción de políticas municipalistas que prioricen o benestar da cidadanía”.